Se tivese que definir o mellor que pasou no 2017 en canto á literatura galega diría María Victoria Moreno, por tres motivos. O primeiro é porque se converte na cuarta muller en dedicárselle o Día das Letras Galegas (dende o 1963, estas homenaxes recaeron maioritariamente en homes). O segundo é o relativo ao cariño que […]
Xa sei que ao falar de poesía parece unha obviedade dicir que parte do máis íntimo. Non en van se adoita dicir que os e as poetas son persoas que teñen os sentimentos a flor de pel, e que empregan a poesía para expresar as súas sensacións diante das inxustizas, o amor, a dor, o […]
O outro día, despois de ver una serie na televisión pola noite, non daba durmido. Así que, collín dous libros e púxenme a lelos e a soñar. Son dous libros de Urco Editora que, combinados á perfección, me fixeron volver a ser una nena. Primeiro lin A brétema, unha preciosidade dende o principio a fin. […]
O pasado domingo coñecín a Marcelo Firmamento. Coñecer, si. Dígoo ben, pois Vanesa Santiago preséntanos a un personaxe que ben podería ser unha persoa de carne e óso, un veciño calquera da nosa aldea, un soñador nato. A escritora sadense, que pasa abondosas tempadas do seu día a día como xestora dunha biblioteca, constrúe n’ […]
Fan falta libros que nos lembren que as nosas vidas están ateigadas de momentos malos e bos, pero que depende dos anteollos que poñamos veremos o lado máis ou menos positivo. Que a vida depende, en boa maneira, da cara coa que a afrontes, é unha idea que se adoita defender, pero que non sempre […]
Somentes a poesía dispón da forza necesaria para expresar os sentimentos máis sinceros, as tolemias máis impensables, e para protestar por aquilo que nos incomoda. E por iso, ante as inclemencias dun mundo cambiante e, por que non atreverse a dicilo, un tanto intolerante, ler poesía é un exercizo de valentía. E recitala tamén. Latexo […]
Hai estreas literarias que están predestinadas a triunfar. Ese é o caso de Antonio Manuel Fraga, escritor moi recoñecido polos seus libros infantís e xuvenís, que se aventurou cunha historia a cabalo entre os xéneros fantástico, a biografía, e a novela confesional. E vaia resultado. Querido H.P. Lovecraft foi merecedor do I Premio Antón Risco […]
Contra o esquecemento, aínda quedan as letras. Ou mellor dito, é o único que realmente pode quedar cando todo semella caer pola borda. Diso é consciente sther f.carrodeguas, unha artista multidisciplinar, que se formou entre as letras, o audiovisual e o teatro, que verte toda esta mestura na súa última obra. Na butaca, que leva […]
Vladek Spiegelman, o protagonista de Maus, di nun momento que escribir sobre o Holocausto xa non ten moito sentido, pois corres o risco de caer no máis tópico e que xa estea practicamente todo contado. Nada máis afastado da realidade, pois aínda restan moitas visións e historias individuais sobre esta funesta etapa histórica. Proba disto […]
O que les na adolescencia márcate durante toda a vida. Hai quen di que nesa idade nos atopamos en plena descuberta de sensacións e que todo o que nos chega non desaparece xamais. Por iso é tan importante que os libros que se seleccionen logren o obxectivo primordial: enganchar aos lectores e levalos a ser […]