“Tripas”, ou como se constrúe a poesía intimista

Alberte Momán, autor do poemario bilingüe "Tripas"

Xa sei que ao falar de poesía parece unha obviedade dicir que parte do máis íntimo. Non en van se adoita dicir que os e as poetas son persoas que teñen os sentimentos a flor de pel, e que empregan a poesía para expresar as súas sensacións diante das inxustizas, o amor, a dor, o esquecemento ou calquera outra temática. Porque a poesía, ao igual que a literatura en xeral, non entende de límites.

De entre a poesía que se emprega como bálsamo ante a dor, e mesmo como auto coñecemento, atopo estes días Tripas, unha antoloxía de poemas de Alberte Momán que se poden ler en edición bilingüe, tanto en galego como en castelán.  De calquera forma, o que nos chamará a atención dende o primeiro poema ata o último é esa continua busca dun mesmo, ese saberse recoñecido na dor máis fonda, como se remexésemos entre as nosas tripas. O autor ferrolán, que xa conta no seu haber cun feixe de poemarios, fala da pel, das primeiras evocacións que temos ante o sufrimento e do que queda tras del.

El di así:

“Perdín no parto

A primeira froita.

Escribo sobre a pel

Que sei,

Ficará desfeita en tiras

Amparada pola lei de protección de datos”.

Con estas palabras en forma de versos xa nos suxire a importancia que para el ten a escrita, a máis persoal, a que nace dun mesmo. E segue, falando noutro poema da lectura, como consecuencia e tamén como causa primeira: “E para sobrevivir, / ler, tan só, / autoras mortas”. E a verdade é que comungo con todo o que vai dicindo. Sinto esta poesía contada dende o máis fondo, cunha voz dubitativa que expresa o caos e que pouco a pouco vai chegando á orde, pero sen saír nunca da desorde.

Outro aspecto que me chama moito a atención é a facilidade na comprensión, pois os versos están contados como nunha novela, o que non lle resta sensibilidade nin moito menos. Ao fin e ao cabo, a empatía co lectorado conséguese coa descrición da dor, da máis mental, e daquela outra máis física:

“Agrédome, a cada intre con máis forza, en canto

Escoito a vida pasar fóra, máis alá das persianas

Baixas da sala de estar”.

Non podería perder a ocasión de reflexionar sobre o papel da poesía, a través da voz do propio autor quen, nun dos poemas de Tripas di algo así como: “Para que serve a poesía se non  vai a ningures? Que fica prendida na voz primeira, se traspasar os seus muros de silencio? Existe só para deixar un cadáver podrecendo na gorxa, obstaculizando a saída da voz, que mingua”.

Ficha técnica

Tripas-Alberte MománTítulo: Tripas (Edición bilingüe en galego e castelán)

Autor: Alberte Momán

Editorial: Belagua

Año de publicación: 2017

Número de páxinas: 240

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.