Dun tempo a estar parte adoro os libros e os filmes que levan pegados na súa xénese a reivindicación. Por iso cando comecei a ler Long Play, de Lois Pérez, souben que ía ser un poemario cuxos versos me acompañarían moito tempo, e máis nestes tempos onde cada día parece que vivimos un retroceso na […]
Eu pensaba que no mundo cultural non existía o machismo. Identificaba a cultura coa igualdade. Nin sequera me parara a reflexionar sobre isto ata que lin o libro de Inma López Silva e escoitei a Manuel Rivas dicir que “o sistema non é machista, senón que o machismo é o sistema”. Canta razón e canto […]
Leo marabillada o último libro de Antonio M. Fraga, titulado O bestario científico de Anxos Nogueirosa, e debátome de novo arredor do poder das descricións do tempo e do espazo para recrear unha historia que nos emocione coma cando eramos cativos. Nel descubro esa ollada preocupada polas tradicións, por un mundo rural que xa se […]
“Era un mundo escuro, aquel dos contos que inventaban desde a atalaia da ponte, onde non había espazo para princesas, porque nos contos da aldea só habitaban ogros e dragóns deformes, e ameazantes contra os que había que loitar a morte, en batallas terribles e inventadas cada dia, sempre perigosísimas, e que ben podían ser […]
As persoas que vos asomades acotío por esta páxina sabedes do meu medo a comentar poesía, quizais debido á vertixe que me produce non ser quen de expresar o sentimento que me produce ler e recoñecerme en poderosos versos. E é que a poesía goza de ser o xénero que máis intimamente nos entende. Non […]
Na consecución da igualdade entre homes e mulleres o piar básico é a educación e o cambio desde abaixo, é dicir, coas novas xeracións do presente e do futuro. Nesta tarefa na que os centros educativos e as familias traballan man a man, xorden iniciativas moi interesantes que ofrecen a posibilidade de que as nenas […]
Susana é unha nena á que lle encanta ver películas e comentalas coa súa madriña. Ambas viven nunha vila galega chama Ribadaínsua neses anos duros da posguerra española, cando as persoas estaban separadas en bandos opostos. Ela, unha meniña que queda orfa, chega un día a ese lugar para vivir coa súa madriña, unha muller […]
É moito máis complexo escribir novelas de ciencia ficción que non parezan tal, historias que nos leven a unha situación surrealista pero que ben podería ter acontecido, relatos que incidan nesa parte máis incrible pero cos alicerces do mundo que pisamos. Iso é o que fai Eli Ríos, escritora coñecida sobre todo pola súa faceta […]
As persoas que sigan este blog coñecerán o medo que sinto cando me poño diante do papel para reflexionar arredor das sensacións que nacen tras a lectura dun libro de poesía. Un estremecemento percórreme todo o corpo, porque sei que a poesía hai que sentila e cadaquén vívea á súa maneira. Neste xogo interpretativo, o […]
Dende fai uns meses teño pegada na parede do meu espazo de traballo unha estampa de María Vinyals. Púxena incitada polo que a súa cara me dicía e pola forza que aparentaba. Quixen saber máis e un día calquera pinchei o seu nome no buscador de Google, pero pouca información atopei. De novo a lousa […]