O bestiario científico de Anxos Nogueirosa

Leo marabillada o último libro de Antonio M. Fraga, titulado O bestario científico de Anxos Nogueirosa, e debátome de novo arredor do poder das descricións do tempo e do espazo para recrear unha historia que nos emocione coma cando eramos cativos. Nel descubro esa ollada preocupada polas tradicións, por un mundo rural que xa se foi e pola loita das mulleres por conseguir ter os mesmos dereitos que os homes. Iso si, todo elo tamizado baixo o elo da literatura xuvenil e dunhas descricións que nos deixan coa boca aberta.

A partir de entón o constante cabalgar das rodas sobre os raís iniciaron un transo de quietude que me envolveu por completo. Non ía tanto frío como na estación, mais tampouco calor, polo que subín, precavido, o colo da chaqueta e soltei o alento entre as mans para quentar os dedos. O longo convoi ía deixando tras de si paisaxes de leiras traballadas con algunha casa ao raro. Ás veces, o sol iluminaba a plataforma, para despois agocharse detrás dalgún cómaro ou dunha barreira de árbores. Ao lonxe, cara ao oeste, o mar entraba nas rías cos seus enormes brazos azuis”.

Xusto neste momento, na viaxe en tren, comeza a aventura de Suso, un neno que aos seus trece anos é obrigado a pasar o verán do 1933 nas colonias do Sanatorio Marítimo de Oza debido a un problema de saúde. O que non imaxina é que, tras a descuberta dun caderno misterioso vai marcar unha experiencia marabillosa. O Liber bestiarium scientificus pertence a Anxos Nogueirosa, tía de Tila, unha nena das colonias, a través da que agromarán no corazón de Susiño sensacións de amizade e, incluso, amorosas.

A pluma de Antonio atópase moi apegada ás sensacións, ao mundo do sensible, e á preocupación polas causas xustas. Por iso, ademais das persoas que transitan por esta novela, as protagonistas son a natureza, a loita das mulleres no mundo da ciencia, a recuperación da tradición e o legado histórico. Un libro moi idóneo para o público infantil e xuvenil, sobre todo porque nel atopamos valores como o respecto e a igualdade entre homes e mulleres, ademais de transmitirse a querenza polo noso. Non en van inaugurou o I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil, un certame convocado por Urco Editora e o Concello de Pontevedra.

Resulta incríbel que, xa na cuarta década do século XX as mulleres non poidamos contar coa liberdade para facer o que nos pete, sen termos que levar canda nós un home coma quen leva un can gardián”.

Unha historia que alterna dúas voces, fabulosa e máxica que incrementa o seu encanto coas ilustracións de Víctor Rivas que desde a propia portada consegue transmitirnos esa áurea de misterio que impera ao longo do texto. E así, como se adoita dicir, imaxe e texto compleméntanse á perfección para crear pura arte.

Ficha técnica

Título: O bestiario científico de Anxos Nogueirosa

Autor: Antonio M. Fraga

Ilustracións: Víctor Rivas

Ano de publicación: 2017

Editorial: Urco

Número de páxinas: 251

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Un comentario sobre “O bestiario científico de Anxos Nogueirosa

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.