María Vinyals, un talento rebelde

Dende fai uns meses teño pegada na parede do meu espazo de traballo unha estampa de María Vinyals. Púxena incitada polo que a súa cara me dicía e pola forza que aparentaba. Quixen saber máis e un día calquera pinchei o seu nome no buscador de Google, pero pouca información atopei. De novo a lousa do esquecemento.

Coma un bálsamo que calma as miñas ganas de indagar sobre María Vinyals, marquesa de Ayerbe, chegou por sorpresa un libro infantil publicado pola editorial Belagua e a Deputación de Pontevedra (María Vinyals, un talento rebelde) que novela de xeito moi resumido os principais fitos da vida desta muller nacida en 1875 no castelo de Soutomaior e que destacou como escritora, articulista e sobre pioneira do feminismo inxustamente esquecida.

Isabel Blanco é a autora dun texto marabilloso que condensa a vida de María Vinyals e o seu pensamento, que coñecemos grazas á figura ficticia dunha pantasma que viviu desde sempre no castelo de Soutomaior e que foi moi amigo da nosa protagonista. Sen dúbida, unha técnica con moito gancho tanto para maiores como para os nenos, pois desa forma xustifícanse as súas lembranzas de todo o século XX. Todo iso, acompañado das ilustracións de Luz Beloso, que fan deste libro unha obra completa, tanto literaria como artística e historicamente falando.

Cóntase no libro que María formou a súa personalidade polifacética e rebelde do tío Antonio, co que percorría salóns literarios e faladoiros onde se trataba de política e poesía, de guerras e de soños, de loitas e esperanzas, de arte e de leis. Ela comezou a sentir inquedanza ante un mundo que non estaba feito para as mulleres e tentou opoñerse a el. Por iso, con catorce anos escribiu o seu primeiro conto, aínda que a súa obra máis grande considérase El castillo del marqués de Mos en Sotomayor. Apuntes históricos, onde conta a historia e segredos da fortaleza da que ela foi dona durante moitos anos ata que o tivo que abandonar para marchar a Cuba co seu segundo marido.

A vida intelectual de María interésame moito polo seu apego ao feminismo, sobre o que escribiu artigos a respecto de diversos temas na revista viguesa Vida Gallega, e tamén deixou entrever algunhas pinceladas na súa primeira novela, Rebelión, escrita por volta de 1905 baixo un pseudónimo.

Que máis dicir desta muller? Que unha vez máis foi durante moito tempo esquecida, pero que na actualidade está sendo reivindicada. Como unha forma de lembrala para sempre, a escola de igualdade creada recentemente pola Deputación de Pontevedra leva o seu nome.

Sigamos lembrando a tantas mulleres que o mundo teimou en esquecer!

Ficha técnica

Título: María Vinyals, un talento rebelde

Autora de textos: Isabel Blanco

Ilustracións: Luz Beloso

Editorial: Belagua (coa colaboración da Deputación de Pontevedra)

Ano de publicación: 2018

Número de páxinas: 125

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.