DX, presente ou futuro?

É moito máis complexo escribir novelas de ciencia ficción que non parezan tal, historias que nos leven a unha situación surrealista pero que ben podería ter acontecido, relatos que incidan nesa parte máis incrible pero cos alicerces do mundo que pisamos. Iso é o que fai Eli Ríos, escritora coñecida sobre todo pola súa faceta de poeta e novelista de adultos, na súa estrea xuvenil recentecemente publicada por Urco.

A novela leva por título DX, tras do que se agocha o misterio dunha historia que nos leva directamente á reflexión sobre o capitalismo e a investigación científica salvaxe, case sempre apegada a intereses económicos. Poderiamos dicir que a través da lectura, o libro propón na primeira metade un debate arredor do capitalismo máis atroz, dun sistema que é quen de aniquilar a individualidade das persoas en beneficio dos intereses duns poucos. Precisamente, Andre é unha destas persoas que traballa nunha empresa, DX, á cabeza en produción de cremas de uso cosmético e medicinal e que, un día, cansa de todo e de todos, decide deixar a empresa.

Miro ao meu redor e conseguín todo o que quería: un bo traballo, unha casa fantástica…, e, aínda así, hai días nos que sinto que o meu mundo é unha prisión sen cadeas”.

A través de Andre e Morgan, a autora vainos levando da man, con capítulos breves que incitan á acción, para presentarnos unha situación do máis alegórica sobre o mundo actual, no que a ciencia se pon sempre ao lado do diñeiro e poucas veces ten en conta as persoas e os seus desexos. A novela torna, pois, nunha deconstrución destes dous personaxes que deben axudarse nunha situación límite que se desenvolve no ano 2030 pero que ben podería ser no presente. Precisamente, nesta naturalidade para falar do terror desde o cotián é onde radica a novidade no tratamento desta novela, que se presenta como xuvenil pero que ben poderían ler todas as persoas que queiran reflexionar sobre o mundo actual e as distopías reais, e na que tamén se referencia a dicotomía entre amor e sexo.

En definitiva, unha proposta moi arriscada, na que podemos ver un futuro inmediato, que convida á acción e que, xunto ao seu ritmo trepidante, deixa espazo para a poesía, eido no que a autora coruñesa destaca.

A vida é como un poema constante no que cada verso ten vida por si mesmo e que se xuntan para crear realidades novas”.

Ficha técnica

Título: DX

Autora: Eli Ríos

Editorial: Urco

Ano de publicación: 2018

Número de páxinas: 166

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.