Long Play

Lois Pérez, autor do poemario "Long Play"

Dun tempo a estar parte adoro os libros e os filmes que levan pegados na súa xénese a reivindicación. Por iso cando comecei a ler Long Play, de Lois Pérez, souben que ía ser un poemario cuxos versos me acompañarían moito tempo, e máis nestes tempos onde cada día parece que vivimos un retroceso na defensa dos dereitos sociais que tanto nos custou conseguir. A cabalo entre a poesía dos sentimentos e esa outra que empuxa un berro, Long Play é posuidor dunha forza marabillosa.

Desde os temas máis universais como a loanza do amor e o agradecemento por sentilo (“ti es o mellor libro que lin na miña vida: / comedia e traxedia, vontade de estilo / Ti, riqueza argumental”) ou o paso do tempo (“As nosas sombras bailan contra a perfidia / o tempo nunca deixa de correr /namorado furacán rei das apostas”), ata aqueles nos que se pon o foco sobre a realidade social (“aquí onde escribir é acender a lámpada no escuro / e iluminar máis aínda na escuridade”) e aqueles nos que se homenaxea de forma directa a unha persoa, como é o caso de propia familia ou de Isidro Novo, escritor lugués falecido o pasado ano ao que lle dedica un “Blues en comprimidos”.

Pensaredes que estamos ante un poemario convencional, pero todo o contrario, pois aquí os versos mestúranse coa banda deseñada, de xeito que cara á metade aparecen unhas viñetas que seguen reflexionando de xeito máis desenfadado sobre a cruenta realidade. Así, o libro que temos entre mans concíbese como unha tríade entre palabra, música e debuxo. As letras de cancións e as alusións á nosa tradición vense en cada recuncho, ou ben como homenaxes ou a modo de inspiración.

A musicalidade obsérvase xa no propio título, o que se estende no interior, onde os poemas se vertebran coma nun LP, e non se agocha ese obxectivo de mudar as inxustizas que debe ter a literatura.

A miña imaxinación como un mapa de liberdade

lambe nas ideas coma unha noiva travesa ao oído

e asolaga de luz as escuras paredes do medo.

sublévanse as tropas deste país chamado Pobre Tolo”.

Cabe aquí todo, e a min tamén me namoraron esas referencias ao noso rural, a esas mulleres que coas súa loita anónima e calada axudaron a construírnos. Penso no poema titulado “Terra Chá, 1940” e vénme á mente unha das moitas fotografías de Ruth Matilda Anderson:

a min de pequeniña gustábame ir á escola

a algún irmao meu non pero a min gustábame ir

e había días que non podía ir e quedaba

chovía e ía frío pero botábante onte as vacas”.

Porque para saber cara onde imos debemos coñecer as orixes, e as persoas que estiveron aí para protagonizar a historia.

E contra as inxustizas, sempre nos quedará a poesía!

Ficha técnica

Título: Long Play

Autor: Lois Pérez

Editorial: Xerais

Ano de publicación: 2018

Número de páxinas: 190

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.