“A necesidade é unha filósofa e unha predicadora moito máis poderosa”. Dende hai uns meses atópome inmersa nun curso sobre as escritoras nativoamericanas, un universo que recoñezo que me era moi descoñecido e no que estou aprendendo moitísimo sobre as olladas que faltan e esa parte da historia que, como adoita acontecer, nos contaron dende […]
Precisamos un achegamento ao mundo rural afastado de tópicos e de visións idealizadas. Esta idea, defendida na actualidade por activistas como María Sánchez, atopámola na novela Tempo Tardade, de Raquel Miragaia, un libro que a min me tocou fondo, tanto pola historia como pola forma na que está contada, cunha voz moi novidosa e que […]
“Como las del cuerpo, también las heridas del alma emiten señales. Se necesitan observadores atentos para detectarlas; a los atareados se les escapan; a los ensimismados, a los inquietos, a los que se sienten oprimidos por la cruz de su cotidianeidad plana, a los distraídos, a los que se ausentan de la piedad, a los […]
Cando era adolescente vin por primeira vez actuar na televisión a Dorotea Bárcena, no papel de ‘Amadora’ no marco dos espectáculos de humor que facían Os Tonechos. De seguro que esta é a imaxe que lle vén á maioría da xente á cabeza, o que non deixa de ser unha visión reduccionista e inxusta. O […]
“Percorrín Nova Zelandia na busca de respostas. Constatei que a tristeza da esterilidade non me nacía tanto de quedar sen pequechiños coma da sensación de tronzar a transmisión do relato. E a carga facíaseme insoportable”. Contar o noso pasado e non deixalo ficar no esquecemento, seguir o fío do relato das persoas maiores das que […]
Gústame a poesía que evoca sentimentos profundos e, ao mesmo tempo, contén alusións, reflexións, versos políticos. Iso vexo en Interna, o último libro de Oriana Méndez, co que gañou o XVIII Premio de Poesía Afundación 2020, e cuxa lectura supón todo un reto para min, sobre todo porque admiro moito a forma de estar no […]
Falaba estes días cunha amiga sobre o difícil que resulta hoxe en día escribir un libro que sorprenda, que sexa novidoso e que nos conte algo novo. Creo sinceramente que xa está practicamente todo explorado, pero resulta interesante a renovación que se produce na literatura galega actual da man de autoras como Susana Sanches Aríns, […]
Leer supone un ejercicio de intromisión en los pensamientos de otro, sean o no ficción. En este sentido, la poesía se convierte en el género más íntimo, aquel que es capaz de explicar a un autor o autora y, al mismo tiempo, llegar a nuestra parte más emocional. Por eso pienso cada vez más que […]
A literatura galega non é allea á revolución que se está producindo no mundo editorial a prol da recuperación das voces das mulleres ou da creación de relatos dende unha óptica feminista. Con ese duplo obxectivo xermola Entre donas, unha recompilación de relatos feministas creados por escritoras galegas con traxectorias e idades variadas que toman […]
A literatura infantil e xuvenil, por veces moi deostada, contén intelixentísimas ensinanzas que conseguen axudarnos a ver o mundo dende outro punto de vista. Iso se estamos atentas, claro! Así lle acontece a Lea, unha nena que pasa as tardes dos venres co seu avó, que é porteiro dun edificio, esa profesión que, coma tantas […]