Por puntos

Manuel Portas, autor de "Por puntos"

En fin, que o que estou a ver é, con pequenas variacións, o mesmo que veño catando en todos os cursos que levo impartido nos últimos anos, que xa van alá uns poucos. Xente común, xente normal, uns máis coitados, outros máis estirados e arrogantes, uns que cometeron o erro de aceptaren a última copa xusto antes de subiren ao coche, outros que montan nel e pisan a tope o acelerador, que sempre chegan tarde, ou aproveitan o lapsus da condución para faceren recados polo móbil, que non abonda coas horas que ten o día e cómpre espremer os tempos mortos para producir máis. Malditos tempos”.

As conquistas lectoras comezan case sempre cunha portada e cunha sinopse. E eu, que gozo infinitamente dos libros que prometen a ensamblaxe entre historias aparentemente casuais, deixeime levar polo novo libro de Manuel Portas, titulado Por puntos e que mereceu o Premio Blanco Amor no ano 2018. Nel atopamos o cotián en estado puro a través das experiencias de varias persoas que coinciden nun curso para recuperar os puntos do carné de conducir. Elas, que perderon o carné debido a circunstancias diversas, comparten os tempos do curso e ao mesmo tempo van forxando unha relación de amizade e, nalgún caso, de amor.

Escrito sen grandes sorpresas, o libro que temos entre mans provoca sentimentos universais, como a tenrura, a esperanza, a amizade, aínda que cun argumento carente de interese para o lectorado común, aquel que busca unha trama que atrape e da que non poida saír. Por puntos é todo o contrario, un libro para gozar lentamente, cun ritmo por momentos moi parado no que parece non acontecer nada. Precisamente é aí, nesa aparente falta de ritmo, onde atopamos a vida no seu sentido máis puro. Porque, se dalgunha forma se define este libro, é que é como a vida.

Atopamos nel, tamén, unha reivindicación da esperanza e do dereito de todas as persoas a reinventarse e a ser o que queiran ser cando así o desexen. As personaxes son un canto á esperanza que todos temos que ter como seres humanos, esperanza no presente e no futuro, esperanza no cambio. Ese efecto reparador conséguese grazas ás enormes doses de humor das que fai gala o autor, un humor moi próximo á retranca galega e que fai desta unha novela tinxida de traxedia e de comedia. En definitiva, unha historia do noso tempo, con espazo para a transmisión de ideas, conceptos e valores moi actuais, aínda que sen un argumento potente que a fai fraquear.

Ficha técnica

Título: Por puntos

Autor: Manuel Portas

Editorial: Galaxia

Ano de publicación: 2019

Número de páxinas: 251

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.