«SuperUlex» de Susana Sanches Aríns

Susana Sanches Arins, autora de "SuperUlex"

Falaba estes días cunha amiga sobre o difícil que resulta hoxe en día escribir un libro que sorprenda, que sexa novidoso e que nos conte algo novo. Creo sinceramente que xa está practicamente todo explorado, pero resulta interesante a renovación que se produce na literatura galega actual da man de autoras como Susana Sanches Aríns, quen sempre nos leva a temas diferentes, con moita conciencia política e cunha forma de contar que proe e nos fai rir ao mesmo tempo. Aríns escribe marabillosamente, e móvese moi ben no formato curto, como xa nos demostrara nos libros Seique ou Tu contas e eu conto. Agora debuta na novela xuvenil con SuperUlex, e faino pola porta grande, manexando as ferramentas dos anteriores libros, pero facendo un maior uso da retranca e do humor máis noso.

SuperUlex é a novela que deberían ler todas as rapazas adolescentes, porque nela fálase da fortaleza e da necesidade que temos como sociedade de reaccionar e mobilizarnos a prol da defensa dos nosos recursos e formas de vida.

Clara é a protagonista deste relato e comparte conversas coas súas amigas e coa súa bisavoa Rorita, pero non fala de calquera cousa, senón que, despois de ter pasado pola quimioterapia e un cancro, decide que quere ser unha superheroína para salvar o seu mundo e as cousas nas que ela cre. O relato, dividido en pequenos capítulos, consegue facernos escachar coa risa, sobre todo cando Rorita e Clara falan sobre o pasado e a que será a misión desta no mundo: actuar no local para mudar o mundo, e demostrar que as nenas e as mulleres tamén poden ser heroínas, e non soamente musas que inspiran aos poetas homes. SuperUlex concíbese coma un relato que toma partido, que promove unha revolución interior e que fomenta a capacidade crítica das persoas que nos achegamos a el, característica que comparte cos demais libros desta autora que, para min, é das máis orixinais da literatura galega actual.

“Colocamo-nos junto à nossa obra. De algum bolso, do fundo de alguma mochila, emergiu um telemóvel. Fizemos uma fotografia, orgulhosas, quem o diria, entre maricalhas, gordas, ciganas, subnormalitas, choromicos, quixinhas, chapoes, ressabidas…

As margens da escola a ocupar o centro.

A okupar o centro”.

Como se pode observar no fragmento anterior, Sanches Aríns é unha autora que fuxe do politicamente incorrecto e das historias tópicas, case creadas ad hoc para adolescentes. Todo o contrario atopamos en SuperUlex, un libro inesquecible que rompe as formas e consegue que o fondo nos pareza orixinal. Unha historia, en definitiva, da que poderán gozar tanto as adolescentes como as persoas adultas.

Ficha técnica

Título: SuperUlex

Autora: Susana Sanches Aríns

Editorial: Cuarto de Inverno

Ano de publicación: 2020

Número de páxinas:  249

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.