“Patio de luces”, de Érica Esmorís

Érica Esmorís, autora de "Patio de luces"

A literatura infantil e xuvenil, por veces moi deostada, contén intelixentísimas ensinanzas que conseguen axudarnos a ver o mundo dende outro punto de vista. Iso se estamos atentas, claro! Así lle acontece a Lea, unha nena que pasa as tardes dos venres co seu avó, que é porteiro dun edificio, esa profesión que, coma tantas outras, pertence xa case ao pasado. Nese baixo, aparentemente aburrido e sen moito que facer, a rapaza comeza a imaxinar as vidas das persoas dos diversos pisos a través da observación dos tendais da roupa. Así se podería resumir o argumento de Patio de luces, unha novela creada por Érica Esmorís que conta con ilustracións de Juan Berrio, e que defende a necesidade da imaxinación para o crecemento dos nenos e nenas.

Non podo negar que lin Patio de luces con moitísima paixón porque me recoñecía a cada momento con Lea. Coma ela, eu tamén imaxinei e imaxino as vidas alleas que se agochan tras dunha casa aparentemente abandonada, quen vivirá tras dunha ventá coas contras fechadas ou coas cortinas enlazadas, quen estará detrás dos tendais de roupa dun campo infinito que vexo nas miñas viaxes… son todas preguntas que me fago a miúdo, coas que fabulo e que, quizais, poderían dar para un libro. Por iso me encantou coñecer a Lea e verme nela, na súa desbordante imaxinación e no seu amor polo avó.

“Despois decatouse de que eu estaba ai, ao seu carón, e moderouse. Gústanme eses momentos en que os adultos se esquecen de que os nenos estamos diante: cando lles cae a máscara da calma e se amosan como realmente son”.

Patio de luces contén moitas outras reflexións, como son a desaparición de profesións que viñeron desempeñando os nosos antepasados e que agora se substitúen por máquinas, ou mesmo a soidade que senten a día de hoxe moitas crianzas. Diante diso, este libro reivindica o poder da imaxinación e da mente para transitar cara outros mundos, para pensar en alternativas posibles e conseguir a felicidade grazas á relación coas persoas que nos rodean.

Érica Esmorís manexa á perfección os mecanismos da intriga e consegue crear un argumento no que afloran sentimentos como o agarimo ou a esperanza, que necesitamos máis ca nunca. É por iso que Patio de luces me encantou e me fixo volver atoparme comigo mesma e coa nena que levo dentro.

Ficha técnica

Título: Patio de luces

Autora: Érica Esmorís

Ilustrador: Juan Berrio

Editorial: Xerais

Ano de publicación: 2020

Número de páxinas: 95

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios .