Na busca de referentes

Durante moito tempo, e aínda hoxe, algunhas persoas tiveron que loitar contra si mesmas e contra os seus corpos, unha loita inxusta impulsada por unha sociedade machista e que na que a diversidade estivo esquecida. As persoas do colectivo LGBTIQA+ sentíronse, e séntense, nalgúns momentos das súas vidas case como monstros, porque habitaban un corpo […]

Leer Más

Herdamos as culpas?

María Solar, autora de "Os nenos da varíola"

Que pasaría pola vosa cabeza se dun día para outro alguén vos deixase unha herdanza que vos solucionase a vida para uns cantos anos? Acaso cambiaría algo se non coñecésedes a esa persoa de nada? E se tivese unha historia escura? Sobre esas preguntas pivota a nova novela de María Solar, titulada precisamente A culpa […]

Leer Más

«Zoom» de Ramón D. Veiga

Ás veces cando paseo por un lugar que non coñezo moito e vexo unha casa pechada, dou en imaxinar que historias se agochan detrás desas portas e ventás que quizais hai tempo que non se abren ao sol. Soño coas persoas que habitaron eses espazos, e co momento no que deixaron de facelo polas circunstancias […]

Leer Más

«Golpes de luz» de Ledicia Costas

Necesitamos novelas que falen da sombra e nos transmitan luz. Novelas coas que chorar e, ao tempo, escachar coa risa. Acaso non temos dereito ao humor cando a situación vital é tan complexa? E logo a risa non pode curar o sufrimento? Da imbricación e da comuñón destas dúas ideas nace Golpes de luz, a […]

Leer Más

«A nena lectora» de Manuel Rivas e Susana Suniaga

Emocióname coñecer que na Fábrica de Tabacos da Coruña, creada en 1808, as cigarreiras escoitaban a lectoras de novelas mentres traballaban. Esta historia aínda moi descoñecida é reivindicada en A nena lectora, un libro destinado ao público infantil no que Manuel Rivas lembra o poder que teñen os soños no mundo e como moitos deles […]

Leer Más

“Un señor elegante” de Suso de Toro

Hai vidas que ben merecen inspirar un libro, vidas enormes que superan calquera ficción. Vidas como a de Ramón Baltar, un home pertencente a una familia de médicos que se relacionaron intimamente con persoeiros do mundo da cultura, como Rosalía de Castro, Manuel Murguía ou Castelao e Dieste. Casualmente, con esa historia topou Suso de […]

Leer Más

“Alcatrán”, de Marcos Abalde

“Feriron o idioma. / Esganaron os cantares. / Riron do noso xeito / de repartir os montes. / Tratáronnos coma lombrigas. / Espoliaron a biblioteca / que a República / inaugurara en Muras”. A poesía galega actual non esquece as orixes e o compromiso coa terra e coas persoas que a manteñen día a día […]

Leer Más

«Zona a Defender» de Manuel Rivas

Manuel Rivas, autor de "Zona a Defender"

Cada vez que leo a Manuel Rivas é inevitable que pense na carreira de xornalismo, cando moitos profesores nos dicían que esta profesión non podía ficar parada ante as inxustizas do mundo. Eramos daquela uns mozos e mozas con ilusións e na nosa cabeza pululaban contradicións continuas arredor de conceptos como a obxectividade, a subxectividade […]

Leer Más

«Wolfram. Espías, nazis e maquis» de Alberto Varela Ferreiro

Imaxe de "wolfram. Espías, nazis e maquis" de Alberto Varela Ferreiro

O outro día, no marco dunhas xornadas sobre literatura nas que estou participando, un dos poñentes falaba da banda deseñada como unha ferramenta ideal para chegar a outros públicos e para explicar problemáticas sociais e, incluso, falar dun tempo histórico. Pero precisamente aí, nesa ensamblaxe entre texto e imaxes, é onde radica a súa complexidade, […]

Leer Más

«Plan de rescate» de Antía Yáñez

Antía Yáñez, autora de "Plan de rescate"

A literatura debe atender á diversidade. Creo que todas as persoas temos dereito a toparnos nun libro, a sentirnos ben e mesmo a que as personaxes expresen certas realidades incómodas que vivimos. Mais tamén temos dereito a mudar a realidade, e a berrar ben alto. Precisamente con estas ideas na cabeza remato de ler Plan […]

Leer Más