«Zona a Defender» de Manuel Rivas

Manuel Rivas, autor de "Zona a Defender"

Cada vez que leo a Manuel Rivas é inevitable que pense na carreira de xornalismo, cando moitos profesores nos dicían que esta profesión non podía ficar parada ante as inxustizas do mundo. Eramos daquela uns mozos e mozas con ilusións e na nosa cabeza pululaban contradicións continuas arredor de conceptos como a obxectividade, a subxectividade e a neutralidade. Liamos a Ryszard Kapuscinski e descubriamos que ese era o xornalismo que queriamos facer, no que tomaramos partido polas causas xustas e estiveramos ao carón das persoas máis desfavorecidas. Iso sería o xornalismo, o demais soamente se definiría como relacións institucionais e publicidade.

Volvo matinar en todas estas ideas ao descubrir Zona a Defender, o novo libro no que Rivas recompila algúns dos seus artigos xornalísticos para alertarnos de que estamos destruíndo o planeta, e de que o medio ambiente nos lanza mensaxes continuas da inminente morte.  Nos artigos de Rivas atopamos o mellor da literatura e do xornalismo, e por iso o lemos como ficción, aínda que sentimos a reacción. Non en van, el xa dicía hai anos que “o xornalismo é un conto”, aludindo á capacidade que debe ter esta profesión para a través das palabras mudar as conciencias.

Zona a Defender segue a liña xa trazada noutros libros seus, entre os que se atopa o máis recente Contra todo isto, pois ambos supoñen literatura de longo percorrido e xornalismo de acción. É certo que ler a Rivas nos deixa sensacións contrapostas pois, por unha banda, sabemos que estamos transitando por terreos pantanosos pero, pola outra, a beleza fascínanos. Así mesmo, a escrita deste autor podería cualificarse como prosa poética, cun estilo inimitable que o sitúa entre as grandes voces da narrativa galega actual, e que non perde co tempo, senón que cada día consegue superarse.

O libro que temos entre mans está ateigado de mensaxes urxentes, nas que se propón unha axitación de conciencias en temas como un novo contrato da sociedade coa natureza, unha austeridade fértil cunha nova abundancia creativa ou un feminismo que emancipe a mulleres e homes. Todo iso se relaciona co título “Zona a Defender”, unha denominación que se popularizou coa loita ecolóxica en Francia e que nos leva a actuar con apresuramento para salvar este planeta.

“Defendo unha nova loita pola liberdade, porque esa bandeira está a ser usurpada polos que queren impoñernos a liberdade de ser servos. No mundo da era Mayday o que máis se persegue é a palabra contraria, o activismo da liberdade que ispe os emperadores, os poderes que se moven ao seu gusto no segredo. O novo fascismo, avisou Orwell, virá camuflado coa bandeira da liberdade”.

“E hai moita xente que cala, que mira cara a outro lado, e que se mete todos os días sobredose de indiferenza porque quizais ignora que a indiferenza mata. Pero tamén hai xente que escoita, traduce e interpreta todas as linguas da dor”.

Ficha técnica

Título: Zona a defender

Autor: Manuel Rivas

Editorial: Xerais

Ano de publicación: 2020

Número de páxinas: 170

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.