O derradeiro número da funesta lista

violencia_generoRoubo un dos versos de Dos días escuros, de Mª Carmen Caramés Gorgal, para empezar este comentario arredor do impacto que me deixou dito poemario pola realidade coa que trata o tema do maltrato.

O poemario, gañador do Premio Johán Carballeira de Poesía 2014, foi editado por Xerais e presentado o pasado sábado en Bueu, durante a entrega de premios deste ano. Alí a autora leu algúns dos poemas que compoñen Dos días escuros, e fixo un alegato para que non se esquezan as mulleres mortas por violencia de xénero, para que non sexan un número mais na funesta lista.

A autora Mª Carmen Caramés
A autora Mª Carmen Caramés

É un poemario para ler con calma, aínda que non para disfrutar, xa que o que conta é tan duro que a carraxe rezuma na pel cando o les. Os poemas engárzanse segundo as fases polas que vai pasando unha muller maltratada, desde os primeiros momentos nos que quizais existiu o amor, ata aqueles de non saber o porqué da súa persistencia no mundo. O inicio é descrito así:

«Nunca antes os corpos e as almas coñeceran un espazo común de tan feliz encontro e converxencia. Así foi este amor na súa orixe: un cáliz de lume que mata en cada vez e resucita».

A autora está moi comprometida co tema da igualdade e da violencia de xénero, loitando con este poemario porque a lacra do machismo sexa erradicada. Nunha entrevista publicada en Praza Pública destaca que quixo dar voz a todas as mulleres ás que o medo lles impide falar, tentando buscar os sentimentos dunha muller á que as gadoupas do seu marido lle impiden ver máis alá.

Quería rematar este post, convidándovos sinceramente a ler este poemario. É imprescindible dar voz, que a poesía saia dos seus tópicos de canto ao amor e se posicione no tratamento de problemáticas sociais e de males coma este. Déixovos algúns dos versos que máis me chegaron á alma:

«Foi un xesto, simplemente,

unha sospeita,

e sentín por vez primeira

o olor a xofre da froita merada

metérseme nos ósos,

invadirme a boca»

«Non coñecedes a miña dor

e xulgades aínda o meu silencio.

O meu silencio,

que non é máis que a parálise axial

que provoca o medo

invadindo o líquido esencial,

atoando a gorxa».

«Finalmente,

só algúns corazóns esnaquizados

lembrarán o meu nome».

Ficha técnica

9788499148144Título: Dos días escuros

Autora: Mª Carmen Caramés Gorgal

Editorial: Xerais

Ano de publicación: 2015

Número de páxinas: 63

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.