Nosoutras

“Nosoutras somos cinco mulleres de Galicia, é dicir, cinco entre as moitas mulleres que neste recanto do mapa viven, traballan e apostan polo futuro: Palmira G. Boullosa, Helena Villar, Ana Mª Fernández, Úrsula Heinze e María Victoria Moreno. O que non está moi claro, pero tampouco é cousa de perder o tempo en indagalo, é […]

Leer Más

Entrevista Montse Pena Presas: “Gustaríame pensar que María Victoria Moreno me contaxiou algo da súa rebeldía, esa marca insurrecta”

Comecei a saber de Montse Pena Presas a través das críticas literarias que publica cada xoves no xornal Faro de Vigo, e máis recentemente pola súa colaboración semanal no programa radiofónico Chamando á terra. Iso foi o que me empurrou a querer afondar na súa traxectoria e descubrín que é doutora en Filoloxía pola Universidade […]

Leer Más

María Victoria Moreno, sementadora de futuro

María Victoria Moreno, homenaxeada nas Letras Galegas 2018 e unha adiantada ao seu tempo

O Día das Letras Galegas deste 2018 faime moitísima ilusión, pois dedícaselle a unha muller imprescindible, que cambiou a miña vida desde que con catorce anos lera Anagnórise, a súa novela máis recoñecida e que non perde vixencia aínda a día de hoxe. É un camiño ateigado de ilusión por dobre partida: por ser unha […]

Leer Más

A voz insurrecta

Montse Pena Presas, autora da biografía "A voz insurrecta"

María Victoria Moreno, entre a literatura e a vida En moitas ocasións, a literatura e a vida adoitan estar intimamente ligadas, caso de María Victoria moreno, a muller á que este 2018 se lle dedica o Día das Letras Galegas, e sobre a que a crítica Montse Pena Presas escribiu unha biografía do máis interesante, […]

Leer Más

Combinacións de literatura infantil para volver ser unha nena (2)

"O cataventos" e "Xulia Minguillón"

Fai unas semanas descubríavos neste espazo a lectura de dous libros infantís pero que ben poderían gustar a todos os públicos que se acheguen a eles: A brétema, de María Victoria Moreno e Xandra, a landra que quería voar, de Mercedes Queixas Zas, ámbolos dous editados por Urco e ilustrados por dúas mulleres. Agora non […]

Leer Más

O amor e as palabras

María Victoria Moreno é a homenaxeada nas Letras Galegas 2018

A editorial Urco foi a gran visionaria da obra de María Victoria Moreno, a homenaxeada no Día das Letras Galegas 2018, pois aínda sen coñecer a decisión da RAG apostou por recuperar parte da obra da que xa é un dos maiores expoñentes da narrativa infanto – xuvenil na nosa comunidade.  Así naceron as publicacións […]

Leer Más

Guedellas de seda e liño

María Victoria Moreno é a homenaxeada nas Letras Galegas 2018

Se tivese que definir o mellor que pasou no 2017 en canto á literatura galega diría María Victoria Moreno, por tres motivos. O primeiro é porque se converte na  cuarta  muller en dedicárselle o Día das Letras Galegas (dende o 1963, estas homenaxes recaeron maioritariamente en homes). O segundo é o relativo ao cariño que […]

Leer Más

As mulleres bravas da nosa historia

Aínda resta moito camiño por facer nisto da visibilidade das mulleres en todos os eidos da vida, máis concretamente nas artes. Por iso hai que dar os parabéns a editoriais valentes coma Urco Editora, especializada sobre todo na fantasía, que ten no seu catálogo un fermoso proxecto literario coñecido como “Mulleres bravas da nosa historia”, […]

Leer Más