Nosoutras

“Nosoutras somos cinco mulleres de Galicia, é dicir, cinco entre as moitas mulleres que neste recanto do mapa viven, traballan e apostan polo futuro: Palmira G. Boullosa, Helena Villar, Ana Mª Fernández, Úrsula Heinze e María Victoria Moreno. O que non está moi claro, pero tampouco é cousa de perder o tempo en indagalo, é se esta fe nos tempos novos nos vén do noso oficio ou se, pola contra, chegamos a el coa fe como punto de partida”.

Así arranca o manifesto escrito por María Victoria Moreno, datado posiblemente a finais dos anos 80, no que a autora fai un alegato a prol da literatura galega infantil e xuvenil, un xénero que daquela, e aínda hoxe, estaba fortemente denostado polas grandes elites que consideraban que iso non era cultura. A pesar diso, o que ela fixo constar neste pequeno texto que dá título ao libro publicado por Urco con diversos relatos seus, foi a súa percepción da boa saúde da nosa literatura, a pesar dos atrancos, e tamén da presenza feminina, das mulleres  que se ían colando nun terreo tradicionalmente masculinizado.

“A historia deste país é rica en atrancos, frustracións e opresións, e a súa literatura amosa unha traxectoria irregular e interrompida: os períodos nos que o pobo goza da liberdade necesaria para expresarse con autenticidade correspóndese co florecemento das súas letras, e as épocas nas que o Estado centralista impón con rixidez os seus criterios correspóndese coa pobreza e mesmo co silencio”.

Aínda que a autora foi sobre todo recoñecida pola súa labor a prol dos libros infantís e xuvenís, o certo é que tamén conta cunha faceta, máis agochada, na escrita de adultos, como demostrar os relatos que se inclúen neste pequeno volume, que recolle textos escritos orixinalmente en castelán e traducidos ao galego case todos eles inéditos, agás “O aguinaldo” (publicado con anterioridade pola editorial Galaxia).

Cómpre salientar “A gaiola”, un conto que constitúe case con total seguridade a primeira contribución súa á nosa literatura, e sobre o que declarou nunha entrevista ao Diario de Pontevedra aló polo 1971: “é o que escribín con máis cariño, o máis humano e o que maior satisfacción me deixou cando gardei a pluma e o lin enteiro”. Os restantes, “A casa das Marías”, “As follas feren xemendo”, “Contra a noite” e “Nocturno en tres tempos”, reflicten a preocupación social que sempre caracterizou a María Victoria Moreno e esa súa observación da parte máis cotiá da vida. Non hai que esquecer tampouco que se trata dunha recompilación moi interesante para seguir coñecendo máis polo miúdo a contribución ás nosas letras dunha muller que escribía cunha vocación sensible e preocupada.

Os relatos recollidos en Nosoutras son tamén una boa mostra da experimentación formal, pois neles atopamos poesía e prosa, dous xéneros que se hibridan para explicar a vida.

Ficha técnica

Título: Nosoutras

Autora: María Victoria Moreno

Editorial: Urco

Ano de publicación: 2018

Número de páxinas: 88

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.