As voces da noticia

A semana pasada coñecín a escrita de Xosé Monteagudo coa súa recente novela Todo canto fomos. Gustoume tanto, que me levou a indagar máis na súa literatura e a bulir á biblioteca a coller As voces da noticia, novela coa que gañara o Premio Blanco Amor no ano 2002. Aínda que dista moito da recente […]

Leer Más

Aqueles días en que eramos malas

Unha novela de personaxes, feminista e una radiografía dos problemas sociais. Así se define a nova novela de Inma López Silva, Aqueles días en que eramos malas, editada por Galaxia e que supón unha mirada intimista sobre catro mulleres que pasan os seus días no cárcere da Lama. Unha monxa, unha puta, unha moza colombiana […]

Leer Más

As horas roubadas

O pasado mércores asistía á presentación do último libro de Francisco Castro, que se titula precisamente Amor é unha palabra coma outra calquera. Precisamente foi nesta conversa cando o autor vigués repetiu incesantemente que o único que nos queda é o amor, movido tamén polo pasamento do grande Agustín Fernández Paz. Amor é esa palabra […]

Leer Más

O espello do mundo

Fai tempo que veño seguindo a Ramón Nicolás nas redes sociais e na súa web Caderno da crítica, onde sube a diario novas do mundo editorial en galego ademais de fermosas críticas que teñen como virtude a súa profundidade e coñecemento de quen leva máis de dúas décadas exercéndoa. Ademais Nicolás escribe semanalmente no suplemento […]

Leer Más

Ons, de Carlos Meixide

Cando era pequena lembro esas tardes nas que fuxía do mundo e me refuxiaba no medio da herba seca das veigas que rodeaban a miña casa. Facíao premeditadamente, xa que buscaba ese espazo salvaxe para gozar da lectura das aventuras de Los Cinco, eses libros tan xeracionais que creou o gran Enid Blyton, ou de […]

Leer Más

Os fillos da fame

Sempre fun pouco lectora de poesía, pero o certo é que na actualidade, e cada vez máis, sinto a necesidade de contrastar sensacións, de ver como as miñas tolemias se atopan nalgún verso dalgún poema. Coma min, supoño que moitas persoas, que devecemos por atopar esa alma xemelga que observara un mesmo momento ca ti. […]

Leer Más

Un cesto de mazás, memoria das vítimas do 36 e do tempo que veu

“A nómina macabra trema escrita nas pizarras da noite. Non haxa esquencemento” X. M. Álvarez Cáccamo Cando os falanxistas viñeron buscar á súa casa de Vilaboa a Manolo da Socorra, os seus fillos sempre lembraron que lles quitaron todo, o máis básico, os recunchos que construían as súas vidas, e ata cortándolle unha maceira que […]

Leer Más

Ensaio sobre o amor contra o amor

Un breve comentario de por que me gustou tanto Amor é unha palabra coma outra calquera, de Francisco Castro “Pero hoxe descubriu A Frase. Hoxe revelóuselle una Verdade Absoluta: Amor é só una palabra, Nada máis que una palabra. Coma calquera outra. Non pode ser un lugar, una realidade, un algo. É una palabra coma […]

Leer Más

Morena, perigosa e románica

A existencia é unha traxedia? Ou, talvez, unha comedia? Con estas dúas preguntas comeza Pedro Feijoo a esbozar o argumento da súa novela más cómica, Morena, perigosa e románica, unha volta de torca na súa narrativa xa que, tras Os fillos do mar e A memoria da choiva, nos que o misterio estaba tan presente, o […]

Leer Más

Dende o conflito

Moitas veces nos preguntamos os porqués da escolla dunha determinada profesión, dun camiño concreto no noso devagar día a día, pero en moi poucas ocasións atopamos unha resposta. No libro Dende o conflito, co que a escritora e tradutora galega María Reimóndez gañou en 2014 o Premio Xerais de Novela, atopamos os porqués de Saínza […]

Leer Más