Dende o conflito

maria-reimondez1
María Reimóndez gañou o Premio Xerais de Novela en 2014 con «Dende o conflito»

Moitas veces nos preguntamos os porqués da escolla dunha determinada profesión, dun camiño concreto no noso devagar día a día, pero en moi poucas ocasións atopamos unha resposta. No libro Dende o conflito, co que a escritora e tradutora galega María Reimóndez gañou en 2014 o Premio Xerais de Novela, atopamos os porqués de Saínza Combarro, xornalista de guerra para a BBC. Ela pregúntase se o xornalismo de guerra serve para algo, se escoller esta profesión axuda ás persoas, de que forma afecta na súa vida persoal…

Aínda que esteamos diante dunha novela que combina ideas e sentimentos dunha xornalista de conflitos, que sufre na súa propia pel as consecuencias da escolla desta profesión (soidade, perda de contactos, renuncia a manter unha relación estable e trastornos psicolóxicos por ver tanta maldade e guerras), tamén nos presenta os seus recordos, a busca da súa vida no pasado e, máis concretamente, na infancia.

Marie Colvin foi unha xornalista de guerra que morreu no conflito de Siria en 2012
Marie Colvin foi unha xornalista de guerra que morreu no conflito de Siria en 2012

Da man da protagonista viaxamos polo Congo, Irak, Etipía, afganistán, Sri Lanka, Haití, eses lugares do conflito; pero tamén a Barcelona, Berlín, Compostela e Vilalba, onde busca a calma, o sosego, a tranquilidade tras pasar tempo na guerra.

María Reimóndez é consciente tamén de que a literatura e xornalismo se deben mirar con ollos de muller, xa que foron moitas as que ao longo do tempo se adentraron en países problemáticos para contar:

«E entón mirou cara ao ceo e viu a lúa grande, a lúa que se vía en todos os recunchos do planeta, que brillaba en calquera escuridade. E comprendeu que o único que fixera era aquilo para o que viñera. Contar».

Dende o conflito é tamén unha homenaxe patente a todas AS XORNALISTAS , de guerra ou non, que fixeron o mesmo traballo cós homes pero que nunca foron tratadas igualmente. Atopamos aquí citas sobre xornalismo de Sofía Casanova, Marta Gellhorn , Marie Colvin ou Lara Logan. Unhas mulleres que creron no xornalismo, e loitaron por ser consideradas á marxe do home. Reimóndez non esquece na súa literatura a visibilidade da muller.

Os continuos debates sobre o obxectivismo e a imparcialidade no xornalismo tampouco se esquecen nesta novela. Os xornalistas de guerra describen as situacións baseándose nas súas experiencias coas persoas e polo tanto afástanse desa imparcialidade que, por outro lado, constitúe unha lacra para a comprensión real dos feitos.

«Se ía contar, quería facelo dende as persoas, fosen estas quen fosen. Dende as súas vidas, dende o seu medo e dende o seu perigo, non dende un lugar aséptico».

Ficha técnica

XG00214901Título: Dende o conflito

Autora: María Reimóndez

Editorial: Xerais

Ano de publicación: 2014

Número de páxinas: 297

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.