Sapos e sereas

Ana Cabaleiro iníciase na literatura co libro de relatos "Sapos e sereas"

Xa non hai sapos que se convertan en príncipes nin sereas que sexan mansas. Máis ben nunca deberon de existir. Xórdeme esta reflexión despois de ler os relatos que Ana Cabaleiro reúne no seu primeiro libro, titulado precisamente Sapos e sereas.

Quero comentar que me ocorreu algo moi curioso con estes contos. Normalmente leo os relatos sen saber nada das intencións da autora, como fago sempre. Mais neste caso, avanzo e avanzo ata que chego a un epílogo que me mostra que a autora persegue de feito loitar contra os tópicos e clixés que ao longo do tempo perseguiron ás mulleres para non permitirlles ser elas mesmas. Ana Cabaleiro é clara e lánzanos unha advertencia neste epílogo: que os finais felices e edulcorados non teñen sentido e que xa basta de que as mulleres sexamos ensinadas como trofeos para os homes. Isto é precisamente polo que pula este libro, que se erixe coma un berro que chega dunha voz potente e concienciada co feminismo.

A experiencia de Ana Cabaleiro como xornalista e especializada en Estudos Comparados de Literatura e Cultura, fainos intuír unha voz moi literaria máis tamén cunha patente reivindicación. Nos relatos desmóntanse moitas das crenzas dos contos tradicionais, deses que nos fan crer en princesas e sereas débiles e en príncipes fortes e valerosos. As historias máis realistas combínanse con esoutras máis agochadas e nas que se require un maior exercicio de reflexión por parte nosa.

As Sereas non somos ninfas astutas e perversas de doce e melodiosa voz. Si, é verdade que cantamos, iso si. Unhas co ton melódico e outras co sentir profundo e escuro do soul. E por suposto temos cousas mellores que facer que convocar poderosas tormentas para arrastrar aos mariñeiros ao fondo do mar”. 

Sapos e sereas é, pois, un exercicio de descrer e volver crer, unha proposta literaria valente, unha voz que non agocha a loita e que non dubida en empregar as palabras para reinventar o que somos e o que desde tempos inmemoriais nos fixeron ser. Porque, aínda que dende ben pequenos nos conten lendas tradicionais que semellan intocables, o certo é que está na nosa man poñer a andar a nosa capacidade crítica para tentar ver se realmente todo ten unha única versión.

Ficha técnica

Título: Sapos e sereas

Autora: Ana Cabaleiro

Editorial: Galaxia

Ano de publicación: 2017

Número de páxinas: 89

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.