O único lugar onde ficar inmóbil

Arancha Nogueira é autora do poemario "O único lugar onde ficar inmóbil"

“A sospeita”, “o naufraxio” e “o único lugar onde ficar inmóbil” son as tres partes nas que se divide o último poemario de Arancha Nogueira, pensado como un mecanismo de defensa ante o mundo que nos rodea, que está ateigado de sufrimento e de mitos patriarcais. Ante isto, ou máis contra isto, xorde a voz desta muller poeta, xornalista, crítica, investigadora, feminista, vexetariana, e ata cantante na ducha e louca dos afectos. Con esta biografía, non se pode negar que a poesía vai convidar á acción, xa desde o mesmo título.

Non deberiamos ficar inmóbiles, e máis cando temos tanto que mudar neste mundo, no que a memoria das nosas devanceiras se erixe como o espello no que mirarse, tal e como é o caso de Frida Kahlo.

“tiven a revelación de ser dúas

nun congreso pomposo e alto no que rodaban cadeas

e os cadros de Frida Kahlo como un templo

cheo de mulleres sabias e redondas

que miraban con altivez os ollos tristes da miña soidade”

A voz de Arancha sitúase nas marxes da linguaxe, mais ela resístese e xoga cos versos para falarnos desa parte interior nosa na que se sitúan os afectos, e a loita polas perdas das persoas que amamos.

“e en todos os idiomas hai unha palabra para perda.

o líquido dos seus debuxos

dos ritmos todos

da vergoña da pronuncia

 

en todos os idiomas

aínda que non poida falalos”

Estamos diante duns versos que combinan a lembranza do pasado coa reivindicación polo futuro, cun claro afán de impulsar o cambio social desde as letras, e loita contra a invisivilización dos corpos das mulleres e tamén nos leva a reflexionar sobre a perda da infancia e da inocencia, e sobre as parellas. Preséntase en O único lugar onde ficar inmóbil unha volta de torca sobre temas universais que, así e todo, son tratados dende unha nova óptica, facendo partícipes ás mulleres que sempre se situaron nas marxes para ofrecerlles un lugar propio e meritorio.

Dende logo, son necesarias propostas poéticas tan arriscadas, feministas e reivindicativas como a de Arancha Nogueira, unha muller que sen dúbida ten moito futuro na literatura.

Ficha técnica

Título: O único lugar onde ficar inmóbil

Autora: Arancha Nogueira

Editorial: Urutau

Ano de publicación: 2018

Número de páxinas: 60

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.