Lapis na noite

Falar de Ramón Nicolás é falar de literatura galega contemporánea. Nada máis lonxe da realidade, pois cando a blogosfera aínda era un mundo a explorar, el creou o seu Caderno da crítica e comezou a verquer nel todas as reflexións e comentarios xurdidos dos libros galegos que se ían publicando na nosa comunidade.

Aínda que a crítica literaria non sexa un xénero menor, o certo é que a súa labor e radiografía das nosas letras serviulle como ensaio para dar o paso á literatura, un camiño que percorreu por primeira vez ata chegar a O espello do mundo, e que macerou na súa recente publicación, Lapis na noite, ámbalas dúas publicadas por Xerais e nas que a historia agochada xoga un papel protagonista.

Os dous libros son diferentes entre si, mais neles rezuma o espírito dunha persoa que escribe na súa madurez e que sabe con certeza o que os lectores e as lectoras demandamos: unha historia que nos faga reflexionar e na que o misterio sexa o que nos vaia levando polas páxinas. Lapis na noite recupera, pois, certas vivencias do exilio arxentino, e afonda na dualidade dunha persoa cando se ve obrigada a defender outra identidade.

Ramón Nicolás pon o foco nunha temática novidosa: a das vidas truncadas polo franquismo, pero tamén a da mocidade que combateu e sentiuse esperanzada por un mundo mellor ante a represión vivida na Arxentina entre os anos 1976 e 1983. En dous tempos distintos vanse alternando as voces dunha mestra que coñece o seu pasado, e dun home que tivo que vivir obrigado a ser outra persoa distinta, ao tempo que a súa filla cre nun mundo sen inxustizas.

A temática é moi novidosa e está ben resolta a trama, aínda que se bote en falta unha maior orixinalidade no misterio e un maior número de páxinas, para dar tempo a que o lector conecte de todo cos protagonistas. Así e todo, é deses libros que nos deixan cavilando sobre os porqués dun mundo e unha historia dos que restan moitísimo por coñecer.

“Cousas, supoño, diso que chaman saudade, na que eu, racionalmente, nunca crin; pero estamos feitos tamén de anacos de memoria, e esta nunca esquece onde comezou a tomar forma”.

Ficha técnica

Título: Lapis na noite

Autor: Ramón Nicolás

Editorial: Xerais

Ano de publicación: 2018

Número de páxinas: 191

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

2 comentarios sobre “Lapis na noite

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.