Ons no meu corazón

Sempre sentín moito apego polas persoas que axudan a crear e a manter una tradición, un xeito de vivir. De aí que queira coñecer sempre máis e máis da Illa de Ons (pertencente a Bueu, esta vila que me acolleu desde fai case catro anos). Esta Illa e as súas xentes  sempre estableceron una relación moi estreita con todos os que un día se atreveron a coñecela. A partir dese momento primeiro, o sentimento sempre é de profundo namoramento. Así lle aconteceu a Staffan Mörling, ese sueco que veu á Illa para investigar as dornas e experimentou o amor polos illáns e pola súa muller Chefa. Dese amor xurdiu o libro Namoreime en Ons.

E hoxe, de novo, atópome diante dun libro de Julio Santos Pena, o que foi o último mestre da Illa entre 1971 e 1974, que se titula precisamente Ons no meu corazón. Nel, o mestre cóntanos, cunha ollada a cabalo entre a curiosidade e a ilusión máis espertas, o seu camiño e as historias vividas neses tres anos tan intensos que compuxeron a súa experiencia como mestre alí. É este un documento cultural e historiográfico cun valor incalculable, no que de seguro que nos recoñecerán moitas persoas, tanto a través do que nos conta Julio como nas fotos históricas que acompañan o libro.

Julio chegou a ese espazo e pronto se sentiu coma na casa, unha sensación que experimentamos todos e todas os que coñecemos a Illa e as súas xentes. Alí non só foi mestre, senón que a súa labor abarcou moitas máis vertentes sociais e culturais. De entre elas mencionaría a súa relación co deporte, sendo creador duns partidos de fútbol entre a rapazada da Illa e despois, por toda a veciñanza, ata que “os partidos dos domingos” xa eran moi famosos.

Destacable e meritoria é esta labor de mestre nun espazo no que a comunicación co continente por aqueles anos aínda era moi precaria. Neste espazo Julio conta como se empapou da filosofía popular, intercambiando moitos saberes e lecer con esas xentes que o acolleron co paso do tempo coma un máis, aínda que ao comezo non empezase con bo pé.

Estes tres anos, aparentemente pouco tempo, actuaron como catalizadores dun testemuño vital de moita importancia. E todo iso, froito dunha casualidade. Tal e como conta no libro, Julio decidiu ser mestre na Illa desde un día no que se atopou con Pepe Goberna, amigo seu da “mili” en Marín e este llo comentou así medio en broma. Xa na casa, cavilando, chegou á conclusión de que podería ser un bo comezo. E aí principiou a experiencia máis bonita da súa vida, a que sen dúbida máis o marcou.

Como xa comentaba ao principio, lin este libro para experimentar unha vez máis admiración pola Illa e as persoas que construíron unha forma de vivir moi humana, honesta, humilde e intensa. Porque a pesar de que a vida alí era dura, eles e elas souberon agradecer cada minuto e cada instante vivido nunha illa carente de certos avances, pero que lles deu todo.

Ficha técnica

Título: Porque fun mestre na illa, Ons no meu corazón

Autor: Julio Santos Pena

Autopublicación

Ano de publicación: 2018

Número de páxinas: 245

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.