Pippi Mediaslongas

Salpimentadas con bocatas de Nocilla e de chourizo asado veñen á miña mente aquelas mañás nas que era cativa e, xunto aos meus irmáns, vía os capítulos de Pippi na televisión. Aquel tempo pasou, e fai uns días volvín recuperalo grazas á editorial Kalandraka, quen vén de editar en galego unha parte das aventuras de Pippi Mediaslongas, onde redescubrín a esta rapaza tan adiantada ao seu tempo e con reflexións moi interesantes arredor do feminismo e da natureza.

Sempre aprendemos algo novo e neste caso, descubrín que a autora Astrid Lindgren escribiu Pippi para a súa filla mentres esta estaba convalecente e publicouse en 1945, traducíndose a numerosas linguas e converténdose daquela nun texto de referencia, pois defende a igualdade, os dereitos da infancia, a natureza e os animais, temas que desde sempre lle interesaron á escritora sueca.

Nunha edición moi coidada, coas ilustracións orixinais de Ingrid Vang Nyman, tanto maiores como pequenos (re)descubriremos a esta nena de nove anos tan aventureira e tan libre, a través da que se defenden os dereitos dos nenos e nenas a soñar espertos. Aínda que a protagonista ten un pasado triste, coa ausencia dos pais por diversas circunstancias, o certo é que a fortaleza da súa mente e a súa valentía empúrrana a seguir cara adiante e a vivir o día a día. Algo que se observa en cada unha das aventuras, desde que chega a Vilapenela (ás aforas dunha vila pequena que tiña o eido abandonado), ata que xoga ás quedas coa policía, ou vai á escola e ao circo, fai de salvavidas, celebra un aniversario diferente ou incluso se enfronta a uns ladróns.

Pippi eríxese como un dos primeiros textos infanto – xuvenís feministas, e supón un gran avance pois nel as rapazas xa dispoñen doutros espellos nos que mirarse e reflectir as súas necesidades de aventuras (cómpre salientar que durante moito tempo, e aínda hoxe, a literatura infantil arrastrou moitas ideas machistas e unha idea das mulleres como princesiñas exentas de ansias aventureiras).

Ficha técnica

Título: Pippi Mediaslongas

Autora: Astrid Lindgren

Editorial: Kalandraka

Ano de publicación: 2018

Número de páxinas: 125

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.