Coñecín a escrita de Uxía Casal a través do libro de relatos Saturno tamén é deus, unha obra na que xa quedaba demostrado que esta autora é de escribir sosegado e demorado, cunha atención moi posta nos pequenos detalles. Nada en Santiago de Compostela no ano 1957, Uxía Casal estudou Xeografía e Historia e Filoloxía […]
Oriana Méndez (Vigo, 1984) comezou a facer públicos poemas no ano 2000 e máis tarde adheriuse ao grupo de acción política Redes Escarlata, colaborando no libro colectivo que o grupo publica en 2003: Xuro que nunca volverei pasar fame. Desde ese momento participa en recitais, publicacións colectivas de grupos como Burla Negra. Colabora con proxectos […]
María Reimóndez naceu en Lugo e é tradutora e intérprete de profesión. Como escritora ten cultivado case todos os xéneros, como a poesía, a novela e o ensaio. Traballadora incansábel a prol da igualdade, Reimóndez defende unha sociedade feminista, que é algo que levan sempre intrínsecos os seus múltiples libros, de entre os que destacan […]
Hai uns meses lin Alén Alén, de Luz Pichel, unha poeta que homenaxea a esa aldea onde naceu, situada no concello de Lalín e cuxo nome significa “máis alá” ou “o máis alá”. Segundo ela mesma confesa, alí aprendeu a falar nunha lingua que podería morrer pero non quere, e para ela o galego é […]
Lara Dopazo Ruibal (Marín, 1985) é xornalista e especialista en programas de estudos en mancomún. A súa obra poética, recoñecida con galardóns como o GzCrea ou o Francisco Añón, concéntrase en Dende illa peixe, Ovella, e claus e o alacrán, títulos que amosan o seu interese por reconstruír os espazos cotiás a partir das exploracións íntimas, con versos […]
Arantza Portabales é unha das grandes escritoras de novela negra actual galega. Licenciada en Dereito, estreouse na literatura no ano 2013 a través do xénero do microrrelato, do que nace o libro A Celeste la compré en un rastrillo no 2015, ano no que tamén acada o XV Premio de Novela Negra por Entregas da […]
Helena Villar Janeiro é unha das mulleres das que máis aprendo léndoa en Facebook cada día. Posuidora dunha gran sabedoría, froito de moitos anos como mestra, cultivou a poesía e a narración, con atención particular á literatura infantil e xuvenil. Presidiu a Fundación Rosalía de Castro, foi secretaria do Pen Club de Galicia e formou […]
As disidencias sexuais identitarias non se inventaron no século XXI, como algunhas persoas se empeñan en facernos crer, pois cada vez saen máis documentos e manifestacións culturais que demostran que dende sempre houbo persoas atrapadas en corpos errados e que non se adaptaban ao que a sociedade marcaba como normalidade. Para as persoas incrédulas convídovos […]
Ás veces cando paseo por un lugar que non coñezo moito e vexo unha casa pechada, dou en imaxinar que historias se agochan detrás desas portas e ventás que quizais hai tempo que non se abren ao sol. Soño coas persoas que habitaron eses espazos, e co momento no que deixaron de facelo polas circunstancias […]
Hace más o menos dos años, el programa “Aquí la tierra” de TVE comenzó a emitir una sección titulada “Menos de 20”, creada por Denís Escudero y Marta Márquez, dos periodistas a los que se les ocurrió la idea de dar a conocer pueblos españoles en los que viviesen menos de veinte habitantes, y hacerlo […]