Cuestionario Proust: María Reimóndez, escritora, intérprete e tradutora

María Reimóndez naceu en Lugo e é tradutora e intérprete de profesión. Como escritora ten cultivado case todos os xéneros, como a poesía, a novela e o ensaio. Traballadora incansábel a prol da igualdade, Reimóndez defende unha sociedade feminista, que é algo que levan sempre intrínsecos os seus múltiples libros, de entre os que destacan O club da calceta, En vías de extinción, Fóra do normal, Corredora, Cobiza, ou A semente, a árbore e a froita.

Reimóndez tamén forma parte da plataforma de crítica literaria feminista A Sega, dende a que leva a cabo moitas iniciativas que teñen que ver coa visibilidade das autoras do pasado e do presente.

Coñecémola mellor neste Cuestionario Proust:

  1. O principal trazo do teu carácter? A determinación.
  2. Que calidade aprecias máis nun home? Non fago distinción nas calidades das persoas segundo o seu xénero. Agardo das persoas en xeral que sexan honestas.
  3. E nunha muller?
  4. Que agardas das túas amizades? A súa presenza, que sería o mesmo que dicir «todo». Exactamente o mesmo que eu procuro ofrecer a quen está na miña vida.
  5. O teu principal defecto? A esixencia.
  6. A túa ocupación favorita? Cada cousa no seu momento pero diría que, en solitario, saír correr, ler, calcetar, escribir e facer NADA e, en compaña, boxear e, noutro plano de interacción, charlar coas persoas que me importan.
  7. O teu ideal de felicidade? A coherencia.
  8. Cal sería a túa maior desgraza? Perder a esperanza.
  9. Que che gustaría ser? Coherente.
  10. En que país desexarías vivir? Neste, pero con máis persoas orgullosas a construír un futuro diferente dende a lingua, o territorio e a empatía crítica.
  11. A túa cor favorita? O lilá.
  12. A flor que máis che gusta? Gústanme as árbores moito máis ca as flores. Os acivros, porque resisten.
  13. Que paxaro prefires? Os que voan libres.
  14. Os teus autores/as favoritos en prosa? A lista é moi longa. Sen dúbida, Susana Sánchez Aríns, Eva Mejuto, Salma, Akwaeke Emezi, Ninotchka Rosca, Katherena Vermette…
  15. E poetas? Outra lista enorme. Marta Dacosta, Thamizhachi Thangapandian, Sukirtharani. Tishani Doshi…
  16. Un heroe de ficción?
  17. Unha heroína? Non fago categorías de xénero neste sentido nin me gusta o concepto dos heroes e das heroínas. Na ficción quedaríame coa transgresora Berti Bartolotti, creada pola singular Christine Nöstlinger.
  18. O teu músico ou música favorito/a? En xeral son moito de funky. Algunhas que sempre están son Prince, Janelle Monáe, Jamiroquai e Judith Hill. E por suposto Mercedes Peón, que para min é moito máis ca unha música, é unha pensadora, un fenómeno da natureza e unha das miñas amigas máis queridas.
  19. O teu pintor ou pintora preferido/a? Artemisa Gentilleschi e Margaret Keane, polo que pintan diante e detrás do lenzo.
  20. O teu heroe ou heroína na vida real? Para min as heroicas son as persoas que se erguen no cotián contra a inxustiza e, nese sentido e de maneira sobranceira creo que a miña maior referente na vida foi a miña mai, a persoa máis rebelde que coñecín, coa maior intelixencia emocional posible.
  21. O teu nome favorito? O que as persoas escollen para si.
  22. Que hábito alleo non soportas? Fumar.
  23. Que é o que máis detestas? A mesquindade e a superficialidade.
  24. Unha figura histórica que che poña mal corpo? A lista é demasiado longa. Creo que a historia adoita estar mal contada porque se presentan como exemplares señores que distan moito de selo.
  25. Un feito histórico que admires? O voto das mulleres.
  26. Que virtude desexarías posuír? Dubido que sexa unha virtude pero si que me gustaría ter menos preguiza para todos os asuntos dixitais.
  27. Como che gustaría morrer? Despois de deixar o mundo algo mellor.
  28. Cal é o estado máis común do teu ánimo? A calma efervescente. A ira produtiva.
  29. Que defectos che inspiran maior indulxencia? Os das persoas que quero.
  30. Tes unha máxima ou lema de vida? Unha man soa non fai música.

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.