Cuestionario Proust Oriana Méndez: poeta e crítica literaria

Oriana Méndez (Vigo, 1984) comezou a facer públicos poemas no ano 2000 e máis tarde adheriuse ao grupo de acción política Redes Escarlata, colaborando no libro colectivo que o grupo publica en 2003: Xuro que nunca volverei pasar fame. Desde ese momento participa en recitais, publicacións colectivas de grupos como Burla Negra. Colabora con proxectos de acción poética, coma A Revolta das Letras, en Santiago de Compostela, e exerce a crítica literaria para revistas como ProTexta ou, máis recentemente, para o suplemento Faro da Cultura do Faro de Vigo.

Entre as súas obras poéticas atopamos Cero, O que precede a caída é branco e O corazón pronúnciase extenso, e Interna. Ten merecido algúns dos premios literarios con máis prestixio do panorama galego.

1. O principal trazo do teu carácter? O optimismo, o pesimismo. Eros e Tánatos. Isto e o seu contrario. Así somos, principalmente.

2. Que calidade aprecias máis nun home? A empatía.

3. E nunha muller? A empatía.

4. Que agardas das túas amizades? Hai anos fixen o cuestionario Proust de Ramón Nicolas e lembro que dixen algo como “que me avisen para as festas”. Hoxe diría: nada. Paréceme absurdo agardar algo de alguén. Non agardo nada, aínda menos, de quen máis quero.

5. O teu principal defecto? Quen podería sinalar de si mesmo un verdadeiro defecto como a soberbia ou a intransixencia? Difícil mirar nunha mesma os defectos, as verdadeiras tendencias nocivas. A verdade, non o sei. Egoísmo, supoño.

6. A túa ocupación favorita? Ler poesía.

7. O teu ideal de felicidade? Mantereina igual ca hai dez anos no cuestionario de Ramón Nicolas e para sempre na miña vida: unhas cervexas e boa compaña mirando para as Cíes.

8. Cal sería a túa maior desgracia? Sentir traizoada a miña confianza.

9. Que che gustaría ser? Outra persoa.

10. En que país desexarías vivir? En calquera no que imperen os principios de igualdade e de liberdade, onde non se persigan as prácticas democráticas para podermos decidilo todo.

11. A túa cor favorita? Negro.

12. A flor que máis che gusta? Estraloques, estalotes, dixitalis.

13. Que paxaro prefires? Teño fobia ás aves dende sempre.

14. Os teus autores/as favoritos en prosa? Cunqueiro, Faulkner, Hemingway, Duras, Bolaño, Jelinek, Lobo Antunes.

15. E poetas? Iso é distinto. Os modernistas americanos: ts eliot, Marianne Moore, Pound, wallace stevens. Celan, Gamoneda, Mestre, Pato, Manuel Antonio, Ferrín, Ritsos, Cunqueiro, Hikmet. Dickinson. Ruth Llana, Soyinka, Novoneyra. Antonin Artaud. Antonia Pozzi grazas a Lara Dopazo. Lara Dopazo tamén.

16. Un heroe de ficción? Yahveh.

17. Una heroína? Nix, deusa da noite e dos cans do inferno.

18. O teu músico ou música favorito/a? Patti Smith.

19. O teu pintor ou pintora preferido/a? Kazemir Malévich.

20. O teu heroe ou heroína na vida real? Hai moitos e moitas anónimas que cada día dan feito intres de ledicia para os demais e para si mentres viven na máis inxusta das merdas.

21. O teu nome favorito? Aloia.

22. Que hábito alleo non soportas? A falta de respecto polo outro.

23. Que é o que máis detestas? A manipulación.

24. Unha figura histórica que che poña mal corpo? Juan Pablo II.

25. Un feito histórico que admires? A loita obreira de 1972 en Ferrol e Vigo.

26. Que virtude desexarías posuír? A de non padecer insomnio.

27. Como che gustaría morrer? Tranquila, como se non.

28. Cal é o estado máis común do teu ánimo? Cada vez máis, o sosego.

29. Que defectos che inspiran máis indulxencia? Os que, sen sabérmolo de primeiras, poden ser consecuencia de doenzas mentais.

30. Tes unha máxima ou lema de vida? Ás veces: Venceremos. Outras: marcho que teño que marchar.

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.