Cuestionario Proust Uxía Casal: escritora e mestra

Coñecín a escrita de Uxía Casal a través do libro de relatos Saturno tamén é deus, unha obra na que xa quedaba demostrado que esta autora é de escribir sosegado e demorado, cunha atención moi posta nos pequenos detalles.  Nada en Santiago de Compostela no ano 1957, Uxía Casal estudou Xeografía e Historia e Filoloxía Hispánica, e impartiu clases de francés de literatura nas Aulas da Terceira Idade e español durante dous cursos de verán para estranxeiros na USC. No 1984 comezou a dar clase de Lingua e Literatura Galegas en Ourense, xubilándose no 2003 por problemas de saúde.

Entre as súas obras destacan Un ano de fábula en catro estacións (infantil), As ás de Xenoveva (infantil), O faro de Arealonga (novela), Sede en Ourense (novela) e Vidas exemplares (relatos), amais dos contos «O pequeno Mario» en Narradoras, «A palabra de Deus» en Longa lingua, «O nacemento da humanidade» en Micro.relatos, «Tarde de aventuras» en Contos de ogras, aventuras, baladas e piratas e «O primeiro bico» en A cor dos soños.

Coñecémola neste Cuestionario Proust:

1. O principal trazo do teu carácter? A empatía cunhas pingas de prudencia ou desconfianza.

2. Que calidade aprecias máis nun home? Que saiba razoar.

3. E nunha muller? Que saiba razoar.

4. Que agardas das túas amizades? Lealdade.

5. O teu principal defecto? Remoer as cousas en exceso.

6. A túa ocupación favorita? Observar, pensar, escribir e ler.

7. O teu ideal de felicidade? Vivir como vivo.

8. Cal sería a túa maior desgraza? Perder a capacidade de asumir as desgrazas que xa me aconteceron. Perder a alegría.

9. Que che gustaría ser? O que son. A estas alturas carece de sentido desexar ser outra.

10. En que país desexarías vivir? No que vivo. Total, en todas partes cocen fabas.

11. A túa cor favorita? Morada, laranxa e azul.

12. A flor que máis che gusta? A gardenia.

13. Que paxaro prefires? O paporrubio.

14. Os teus autores/as favoritos en prosa? Calquera que escriba ben e saiba emocionar sen caer no ridículo nin na pedantería.

15. E poetas? Calquera que escriba ben e saiba emocionar sen caer no ridículo nin na pedantería. Engado que a poesía non é o meu xénero favorito.

16. Un heroe de ficción? En tempos, Supermán. Hoxe en día, ningún.

17. Una heroína? De ficción non hai moito onde escoller. Por moito que penso, non atopo ningunha.

18. O teu músico ou música favorito/a? En xeral, toda a que non sexa estridente. Encantábame a das décadas 1980 e 1990. Desde que uso audiófonos non escoito música; moléstame demasiado.

19. O teu pintor ou pintora preferido/a? Georgia O’Keeffe, Van Gogh e moitos e moitas máis de todas as épocas. A moitas estounas descubrindo agora.

20. O teu heroe ou heroína na vida real? As persoas que loitan pola súa independencia e non se deixan asoballar por ninguén.

21. O teu nome favorito? Moitos. Por dicir algúns, Carlos e Uxía.

22. Que hábito alleo non soportas? A mentira. Nun plano máis pedestre, comer coa boca aberta e que me toquen sen permiso.

23. Que é o que máis detestas? A mentira.

24. Unha figura histórica que che poña mal corpo? Calquera ditador, con independencia da súa cor política.

25. Un feito histórico que admires? O nacemento e desenvolvemento da escritura.

26. Que virtude desexarías posuír? Equilibrio.

27. Como che gustaría morrer? Durmindo e en paz.

28. Cal é o estado máis común do teu ánimo? Variable.

29. Que defectos che inspiran maior indulxencia? Os que non se poden evitar por moito que se traballe en corrixilos.

30. Tes unha máxima ou lema de vida? Non meterme na vida de ninguén, se podo evitalo.

Autoría foto: Paula Gómez del Valle

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.