Oriana Méndez (Vigo, 1984) comezou a facer públicos poemas no ano 2000 e máis tarde adheriuse ao grupo de acción política Redes Escarlata, colaborando no libro colectivo que o grupo publica en 2003: Xuro que nunca volverei pasar fame. Desde ese momento participa en recitais, publicacións colectivas de grupos como Burla Negra. Colabora con proxectos […]
Hai uns meses lin Alén Alén, de Luz Pichel, unha poeta que homenaxea a esa aldea onde naceu, situada no concello de Lalín e cuxo nome significa “máis alá” ou “o máis alá”. Segundo ela mesma confesa, alí aprendeu a falar nunha lingua que podería morrer pero non quere, e para ela o galego é […]
Gonzalo Hermo nace en Rianxo no 1987. Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, publica os seus primeiros textos en revistas como Dorna, Andar 21, Nova Ólisbos. Xa dende ben novo lle chegan recoñecementos pola súa poesía: no 2011 obtén o Premio Poesía Xuventude Crea co libro de poemas Crac, e no […]
Asun Estévez naceu en Bueu no outono dun bo ano, tal e como se describe ela mesma. Auxiliar de Enfermería Xeriátrica, escribe dende que ten uso de razón pois é a súa forma de estar na vida e de sentir. Entre os seus libros de poesía atopamos Bicos de sol, Medrar nas mans, Noites, amenceres […]
Emma Pedreira eríxese coma unha das voces da literatura galega máis orixinais e valentes. Licenciada en Filoloxía Hispánica, é narradora e poeta e tamén unha gran defensora da cultura e da súa ensamblaxe con outras artes como a pintura ou a fotografía. Dende a publicación no 1999 do poemario Diario bautismal dunha anarquista morta, Pedreira […]
A piques de rematar o ano 2021, Berta Dávila e Carlos Meixide sorprendéronnos coa fundación dunha nova editorial: Rodolfo e Priscila, un proxecto independente que se inicia con dous libros moi especiais, que viron a luz xuntos e que son unha gran carta de presentación do que esta editora nos vai traer. Pequeno álbum de […]
Marta Dacosta é unha das poetas galegas máis recoñecidas na actualidade. Comezou a publicar en revistas como Congostra, Olisbos ou A Peneira. O seu primeiro libro, Crear o mar en Compostela, mereceu o Premio de Poesía O Grelo e publicouse no ano 1994, ao que seguiron Pel de ameixa, En atalaia aberta, As amantes de […]
A literatura é xogo e a poesía é, de entre todas as artes literarias, a máis lúdica. Coincido con esta descrición que aparece na contracapa de 21 poetas do século XXI, unha antoloxía que publica a editorial Aira e na que atopamos un testemuño das voces máis novas da poesía galega. Elas e eles demostran […]
Nas vidas de moitas mulleres adoitan existir dous momentos; un antes e un despois. Na indagación e na busca da identidade persoal, moitas de nós acudimos ás orixes, á nosa infancia para, posteriormente, e nunha segunda fase, romper con ela. Tamén algo así acontece coa descuberta da propia independencia e da liberdade. Porque, xa o […]
Neste mes de outubro, con motivo do #LeoAutorasOct, en Lecturafilia seguimos interrogando a autoras sobre o proceso da escrita, sobre o xerme que fai que unha idea (ou varias) pasen da mente ao papel. Hoxe é a quenda de Arancha Nogueira, autora ourensá, aínda que residente en Santiago dende hai varios anos. Licenciada en Xornalismo, […]