Cuestionario Proust: Marta Dacosta, poeta

Marta Dacosta é unha das poetas galegas máis recoñecidas na actualidade. Comezou a publicar en revistas como Congostra, Olisbos ou A Peneira. O seu primeiro libro, Crear o mar en Compostela, mereceu o Premio de Poesía O Grelo e publicouse no ano 1994, ao que seguiron Pel de ameixa, En atalaia aberta, As amantes de Hamlet, Cinza, Acuático alma, Argola, dun lago escuro, Na casa da avoa, e Notas sobre a extinción.

Ten participado en revistas e publicacións colectivas, e colleitou diversos premios literarios. A súa poesía contén as principais inquedanzas persoais e sociais e reivindica sempre a literatura dende o feminismo.

Coñecémola mellor neste Cuestionario Proust:

1. O principal trazo do teu carácter? A espontaneidade.

2. Que calidade aprecias máis nun home? A intelixencia.

3. E nunha muller? A intelixencia.

4. Que agardas das túas amizades? Que me escoiten e que me corrixan con cariño.

5. O teu principal defecto? A espontaneidade.

6. A túa ocupación favorita? Ler.

7. O teu ideal de felicidade? Ter moito tempo para ler e pasear cos que quero.

8. Cal sería a túa maior desgraza? Perder os meus.

9. Que che gustaría ser? O que son.

10. En que país desexarías vivir? Nunha Galiza dona de seu, mais de momento váleme este.

11. A túa cor favorita? Verde.

12. A flor que máis che gusta? A rosa.

13. Que paxaro prefires? Garza.

14. Os teus autores/as favoritos en prosa? Castelao, quen puidese escribir coma el en Cousas.

15. E poetas? Bernardino Graña e Xoana Torres, á cabeza de moitos outros.

16. Un heroe de ficción? Jim Hawkins, o mozo protagonista da Illa do Tesouro.

17. Una heroína? Pippi Langstrum.

18. O teu músico ou música favorito/a? Uxía.

19. O teu pintor ou pintora preferido/a? Urbano Lugrís.

20. O teu heroe ou heroína na vida real? A miña bisavoa Saladina e a súa sogra Rosa, decididas, traballadoras e comprometidas cos seus.

21. O teu nome favorito? Nomes de ampla sonoridade como o do meu fillo Aldán.

22. Que hábito alleo non soportas? A mentira.

23. Que é o que máis detestas? A hipocrisía.

24. Unha figura histórica que che poña mal corpo? Tres. O trío Hitler, Franco , Mussolini.

25. Un feito histórico que admires? O traballo realizado polas Irmandades da Fala.

26. Que virtude desexarías posuír? A paciencia.

27. Como che gustaría morrer? Rápido e durmindo.

28. Cal é o estado máis común do teu ánimo? Cambiante, aínda que procuro ser optimista.

29. Que defectos che inspiran maior indulxencia? A precipitación.

30. Tes unha máxima ou lema de vida? Poñerme na pel da outra ou do outro.

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.