A bordo das Ons

A autora Marta Lemos cun exemplar do libro. Fonte: Gonzalo Núñez (Faro de Vigo)
A autora Marta Lemos cun exemplar do libro. Fonte: Gonzalo Núñez (Faro de Vigo)

Recoñezo que sempre sentín curiosidade por coñecer o pasado das vilas e lugares polos que paso nalgún momento. Por iso non resulta estraño que, levando xa seis meses no Concello de Bueu (Pontevedra), me sentise fortemente atraída por afondar na historia das Illas Ons, pertencentes ao Parque Nacional das Illas Atlánticas e que se sitúan no concello buenense. Mais non sempre foi así. Cóntanos toda a historia a xornalista canguesa Marta Lemos no libro A bordo das Ons.

Estas illas pertenceron desde o século XIX a propietarios individuais que quixeron explotar os potenciais da illa e da súa pesca, e que influiron notablemente nos dereitos dos colonos. O primeiro propietario das Ons foi Manuel Riobó Guimaráns, un médico que exerceu a súa actividade durante dez anos na colonia de Filipinas ata o desastre de 1898, cando España a perdeu. De familia pobre, este home logrou facerse cunha grande riqueza, e tamén foi concelleiro municipal entre 1902 e 1905. Manuel mercará as Ons ao marqués de Valladares, quen as herdara da súa avoa, Joaquina Montenegro. Daquela as Ons estaban xestionadas por un arrendatario de nome Marcial Bernadal, co que se vai aliar o médico para explotar os recursos das Ons. Esta compra supuxo que os donos das Ons tivesen a exclusividade sobre os recursos pesqueiros e sobre o transporte marítimo dende o arquipélago, que explotaron mediante a creación da sociedade mercantil Isla de Ons S.L.

O tempo vai pasando e a xestión das illas dá en problemas entre os dous socios, polo que ao final Manuel se queda coas dúas partes. En 1930, o médico, xa canso e con 70 anos, cederalle a xestión das Ons ao seu único descendente  Didio Riobó, o cal vai ter cada vez máis problemas cos colonos que reclaman os seus dereitos como propietarios das vivendas que habitan. A Didio non lle pagan as rendas, e tamén está aí a Guerra Civil. O comerciante morre aforcado en estrañas circunstancias, deixando un escrito onde manifestaba a súa decisión de deixar as illas aos colonos. A partir de aí creouse un debate alimentado polas diferentes teses sobre a morte de Didio. A súa muller, María Antonozzi, de orixe italiano e a desgusto nas illas, decide vendelas ao Estado no 1942, baixo a conformidade de que se ían destinar á defensa do Estado.

As illas Ons están formadas por Ons e Onza
As illas Ons están formadas por Ons e Onza

O Estado español faise entón co dominio das illas, aínda que finalmente non construiu ningunha base militar nelas, o que alimenta as posibilidades dos herdeiros de Riobó, encabezados por Dolores Riobó Nigorra, para recuperar a propiedade das Ons. Esta neta de Manuel Riobó apoiábase na tese de que as illas non foran usadas para o que se expropiaran, polo que os herdeiros lexítimos poderían recuperalas. Neste anos chocan as demandas de Dolores e dos herdeiros de Riobó coas dos antigos colonos. As Ons xa pertencían á Xunta de Galicia desde 1984.

A historia de Ons é pois a historia dunha lenda case. Hoxe en día, a partir do 2001, todos aqueles veciños que poidan acreditar o seu vínculo coas illas poderán utilizar durante 99 anos as vivendas, en réxime de concesión, renovable por acordo entre as partes pero excluíndo a venda ou calquera tipo de transmisión inter vivos. Desde 400 habitantes que Ons tiña nos primeiros anos, hoxe non conta con residentes en todo o ano, e aínda carecen dos servizos básicos.

Toda esta historia, e moito máis, atopámola no libro da canguesa Marta Lemos Jorge, nada en 1972 e que practica o xornalismo como profesión, gañando no 2011 o Premio Johán Carballeira de Xornalismo do Concello de Bueu coa reportaxe  “A historia de Ons a través de Johán Carballeira”.

A historia das Ons continúa:

“Dende a expropiación das illa Ons polo Estado ata a actualidade, as illas estiveron tuteladas por diferentes administracións, pero ningunha delas satisfixo as necesidades da poboación que ali vivía e, pouco a pouco, principalmente debido á ausencia dun porto axeitado para resgardo das embarcacións, Ons comezou a despoboarse”.

E se queredes saber máis, poderedes consultar a páxina web do historiador buenense Arturo Sánchez Cidrás, que dedica varios artigos ás illas Ons.

Ficha técnica

Sin título-5_SnapseedTítulo: A bordo das Ons

Autora: Marta Lemos Jorge

Ano de publicación: 2013

Número de páxinas: 166

Editado coa colaboración da Xunta de Galicia, a Red de Parques Naturales e o Concello de Bueu

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.