A praia dos afogados

O mundo da pesca e do mar na costa galega está cheo de misterios, está dotado dunha personalidade propia e as xentes destes lugares viven sempre co medo a ese xigante das ondas. As vilas mariñeiras como Panxón viven principalmente dos produtos mariños e do turismo, e con moito esforzo. A todo este mundo quixo Domingo Villar render homenaxe na súa segunda novela, A praia dos afogados (2009. O autor vigués, residente en Madrid, recupera ao inspector Leo Caldas e máis o seu axudante Rafael Estévez para resolver un caso de suposto suicidio dun mariñeiro chamado Xusto Castelo ‘O Rubio’ nunha praia de Panxón.

A praia dos afogados foi publicada tamén en castelán pola Editorial Siruela
A praia dos afogados foi publicada tamén en castelán pola Editorial Siruela

Como en toda novela policiaca, por aquí veremos pasar a moitos sospeitosos e entraremos nun entorno no que nada é o que semella ser, e as historias do mar únense nun relato trepidante. No medio de toda esta intriga, Leo Caldas proponse coma unha personaxe rica en reflexións sobre o paso do tempo. Tampouco hai que pasar por alto que a súa participación deste no programa radiofónico «A Patrulla nas ondas» ofrece unha perspectiva da influencia que os medios de comunicación desempeñan para a toma de contacto entre as persoas, e a importancia de ser unha personalidad coñecida entre o común dun lugar. Neste caso, na vila todos os veciños aos que vai interrogando o recoñecen  pola súa faceta como locutor.

Leo Caldas é tamén un poseso do traballo, é deses humanos que viven atados ao seu posto de emprego e que non respectan os seus momentos de lecer, nin os dos demais.

A novela aquí presentada ten moito potencial fílmico, algo que observei mentres lía e ao tempo desfilaban pola miña cabeza as imaxes coas voces de actores galegos. Non é de estrañar que outros visen este potencial e o levasen á práctica: en maio do 2014 comezaba a rodaxe da película homónima con actores da talla de Carmelo Gómez, Antonio Garrido, Carlos Blanco ou Marta Larralde.

Ficha técnica

índiceTítulo: A praia dos afogados

Autor: Domingo Villar

Editorial: Galaxia

Ano de publicación: 2009

Número de páxinas: 504

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.