A modo de homenaxe ás librarías resistentes

Dúas librarías pechan cada día en España, estatística que semella a hecatombe para todos aqueles que aínda cremos que salvar o espazo é posible coa forza dos libros. No mundo tan inmediato e globalizado de hoxe están en continua loita dúas realidades: a dun mundo que se fragmenta entre moitos produtos culturais accesibles desde diferentes […]

Leer Más

Morena, perigosa e románica

A existencia é unha traxedia? Ou, talvez, unha comedia? Con estas dúas preguntas comeza Pedro Feijoo a esbozar o argumento da súa novela más cómica, Morena, perigosa e románica, unha volta de torca na súa narrativa xa que, tras Os fillos do mar e A memoria da choiva, nos que o misterio estaba tan presente, o […]

Leer Más

Dende o conflito

Moitas veces nos preguntamos os porqués da escolla dunha determinada profesión, dun camiño concreto no noso devagar día a día, pero en moi poucas ocasións atopamos unha resposta. No libro Dende o conflito, co que a escritora e tradutora galega María Reimóndez gañou en 2014 o Premio Xerais de Novela, atopamos os porqués de Saínza […]

Leer Más

Namoreime en Ons

«Resultábame imposible esquecer os ollos de Xoana, alegres, dispostos ao atrevemento. A actriz Audrey Hepburn fora o meu ideal de muller guapa. Xoana lembrábame a Audrey Hepburn, pero tiña unha chispa, unha presteza, unha réplica latente que eu non asociaba coa famosa artista». Así comeza a chispa do amor descrita polo sueco Staffan Mörling no […]

Leer Más

A bordo das Ons

Recoñezo que sempre sentín curiosidade por coñecer o pasado das vilas e lugares polos que paso nalgún momento. Por iso non resulta estraño que, levando xa seis meses no Concello de Bueu (Pontevedra), me sentise fortemente atraída por afondar na historia das Illas Ons, pertencentes ao Parque Nacional das Illas Atlánticas e que se sitúan […]

Leer Más

O derradeiro número da funesta lista

Roubo un dos versos de Dos días escuros, de Mª Carmen Caramés Gorgal, para empezar este comentario arredor do impacto que me deixou dito poemario pola realidade coa que trata o tema do maltrato. O poemario, gañador do Premio Johán Carballeira de Poesía 2014, foi editado por Xerais e presentado o pasado sábado en Bueu, durante […]

Leer Más

Os pantalóns nunca foron cousa boa

Recoñezo que leo pouco na miña lingua, pero cando rompo o xeo sempre o fago con moita ilusión e con moito sosego (esta característica non é algo que eu manteña en todos os libros, nos que me invaden case sempre unhas ganas inmensas de avanzar sen descanso). Con ganas comecei Os pantalóns nunca foron cousa […]

Leer Más

A praia dos afogados

O mundo da pesca e do mar na costa galega está cheo de misterios, está dotado dunha personalidade propia e as xentes destes lugares viven sempre co medo a ese xigante das ondas. As vilas mariñeiras como Panxón viven principalmente dos produtos mariños e do turismo, e con moito esforzo.

Leer Más

Palabras ditas a media voz

Regreso ao particular mundo de Berta Dávila, unha galega moi nova cunha ampla traxectoria profesional ás costas. Con Bailarei sobre a túa tumba (2008) gaña o IV Premio Biblos e constrúe unha historia que calquera de nós podería vivir. Todas as mudanzas que ocorren na vida (interior e exterior) dunha persoa que abandona a súa […]

Leer Más

Eu atopei Faith …

O derradeiro libro de Emma Olsen (2013) é un boísimo exemplo de que a ficción e a realidade non teñen límites, máis ben son unha extensión. O tópico de que a realidade supera á ficción adquire nesta novela todo o sentido. Berta Dávila, unha escritora santiaguesa moi nova, ten colleitado varios premios: tras o Avelino […]

Leer Más