Palabras ditas a media voz

Regreso ao particular mundo de Berta Dávila, unha galega moi nova cunha ampla traxectoria profesional ás costas. Con Bailarei sobre a túa tumba (2008) gaña o IV Premio Biblos e constrúe unha historia que calquera de nós podería vivir. Todas as mudanzas que ocorren na vida (interior e exterior) dunha persoa que abandona a súa vila para lanzarse ao descoñecido dunha cidade que supostamente lle dará a oportunidade de realizarse e prosperar.

Mercedes, a protagonista, é moi criticada polo seu grupo de amigos cando se marcha a Madrid a estudar xornalismo. Volverá á súa vila, que non sabemos cal é, esporadicamente, motivo polo cal os seus amigos se afastarán un pouco dela, ou ela deles.

No libro as cousas non se din claramente, quizais nesa historia normal hai segredos a medias voces, e as palabras formais mestúranse co argot adolescente menos profundo. A vida cambiará a raíz dun feito que separa un neno dun adulto, mentres Mercedes comparte o seu amor por Rayuela, o libro de Cortázar, con Josito, o cal está namorado dela. Este será unha persoa moi importante nas súas vidas, sen ambos sabelo. Mercedes atópase entre a espada e a parede, entre un Madrid augurador de bos tempos, e vila da infancia, onde se atopan os amigos de sempre. Pero non precipitarei acontecementos.

Por outra banda, o libro adquire forza narrativa xa que uns cantos anos de vida son contados nunhas verbas que abranguen tan só noventa e catro páxinas. A fugacidade do tempo e a inmensidade dos sentimentos, unha historia que se le nunha hora.

Tanto neste libro como en O derradeiro libro de Emma Olsen, descóbrese a personalidade dunha Berta namorada dos fragmentos de libros e cancións, buscando neles unha fonte de inspiración que da lugar a bonitos resultados.

“Se te borraron las pecas y tu mundo de muñecas pasó”

Siniestro total e esta canción é a banda sonora deste relato.
http://youtu.be/X8yLE3p9PgQ

As cancións, as fotos, os soños ditos un día en voz alta quedarán para o futuro, para volver rememorar o que un día fomos. Palabras ditas a medias, pensamentos incumpridos e unha literatura que nos descobre un día a día para os que queremos soñar e voar.

O libro remata cunha destas frases que quedarán para o recordo:

“Hei de mercar unha casa preto da praia, e hei de guindar as túas cinzas pola fiestra, e guindarme eu con elas e coa fiestra mes,a, ou soltar o cabelo no ar e poñer uns zapatos de claqué para bailar sobre a túa tumba”.

 Ficha técnica

bailarei_sobre_a_tua_tumbaTítulo: Bailarei sobre a túa tumba

Autora: Berta Dávila

Editorial: Biblos

Nº de páxinas: 94

 

 

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s