Beleza vermella

Arantza Portabales, autora de "Beleza vermella"

Arantza Portabales di que gusta de escribir sobre o que lle acontece á xente, sobre a felicidade e a tristeza e os sucesos pequenos que nos conforman como persoas. Esta idea é a que fía as súas historias, sexas novelas ou micro relatos (ese xénero que ela manexa á perfección), e que nos leva a pensar que Deixe a súa mensaxe despois do sinal e Beleza vermella non son en verdade tan diferentes como nun principio parecen, senón que as dúas comparten moito. Entre as similitudes están esa linguaxe poética e fermosa da que a autora galega é toda unha mestra, e que se ensambla á perfección co que se conta, conseguindo que a maldade sexa algo máis dixerible para os lectores e lectoras.

Beleza vermella supón, ao meu modo de ver, a consagración desta autora que destaca pola súa capacidade para observar as persoas e somerxerse nas mentes delas. Como xa acontecera coas catro mulleres que falaban co contestador automático, neste caso volve utilizar unha voz en primeira persoa que, segundo ela, lle serve para entender mellor a psicoloxía dun dos personaxes, técnica que, mesturada coa dun narrador en terceira persoa, fai de Beleza vermella unha novela policiaca que, unha vez que comecemos, non poderemos erguernos da cadeira ata rematala. Nela observamos unha clara, e non agochada, homenaxe a Agatha Christie, autora de múltiples novelas de círculo pechado, na que o asasino ou asasina sempre se atopa nun pequeno espazo, como acontece en Beleza vermella.

Como ben se adoita dicir a miúdo, as novelas negras ou policiacas (ou outras denominacións semellantes) non son xéneros menores, tal e como se viña considerando no pasado, senón que cada vez máis son capaces de expresar as inquedanzas e preocupacións dunha sociedade, ao tempo que poñen o foco ou denuncian outras tantas. Arantza Portabales non é allea a esta consideración, e por iso esta historia podería entenderse de múltiples formas, xa que xera debate arredor da función da arte, das enfermidades mentais e os tabús arredor delas… e tamén de asuntos máis persoais, como a culpa e os segredos, evidenciándose a idea de que todos os seres humanos debemos convivir, en maior ou menor medida, co peso da culpa, o que non é nada doado de soportar.

Destacable é tamén que Portabales se atrevese, de novo, a poñer as mulleres como protagonistas, pero dunha forma especial. Aquí son as mulleres as que toman a batuta e incluso realizan accións malas, afastándose, pois, desa imaxe de beatitude e da simple agarda do príncipe azul. Isto é moi valorable, pois para lograr reverter o sistema patriarcal precisamos modelos de mulleres nas que observarnos.

Frases curtas, un ritmo trepidante, unhas escenas moi próximas ao terreo visual, Beleza vermella é a novela ideal para o verán, pois ten a peculiaridade de que fará gozar da lectura a persoas que perderon ese hábito. E non só iso, senón que entrar nas súas páxinas supón un reto persoal, o de indagar na psicoloxía de cal das seis persoas presentes na noite de San Xoán de 2017 matou a Xiana Alén.

Sabedes por que a beleza é vermella?

O que me pasa é que a beleza é vermella coma unha cunca de cereixas. Coma o solpor sobre un carballo. Coma unha pinga de sangue que se esvaece mentres se mestura coa auga da bañeira. Coma a mazá da Branca de Neve. Coma un zapato cheo de espiñas. Coma a lingua dun neno tras lamber un Chupa Chups. Coma os beizos de Sara o día da súa voda. Coma ese amorodo xigante que pintei para os dous”.

Ficha técnica

Título: Beleza vermella

Autora: Arantza Portabales

Editorial: Galaxia

Ano de publicación: 2019

Número de páxinas: 424

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.