As citas do comezo dos libros sempre nos ofrecen pistas do que imos atopar, e por iso gusto tanto delas. Iso penso despois de rematar o libro Tantos anos de silencio, de Francisco Castro, e ver que todo o que se conta nel sabe a verdade, como xa auguraban o texto de Ángel González que […]
A gran vantaxe dos álbums ilustrados é que poden chegar aos máis pequenos e pequenas e, tamén, ás persoas máis adultas. Eu gozo moito da descuberta de títulos que me fan volver á infancia e centrarme en sentimentos ou sensacións que cría esquecidas. O meu baleiro, de Marcos Viso, é unha proposta que fala das […]
“Creo na poesía, quizais, é no único que creo”. Estes versos de Lupe Gómez insisten na defensa da poesía como case a única verdade, aquilo que é capaz de sobordar todos os límites e ir máis alá, alén do imaxinable. A poesía adquire, neste caso, un cariz revolucionario que é o que, á fin e […]
Nos últimos tempos experimento fortes debates arredor da tiranía do politicamente correcto e ata que punto a ficción debería ter ou non límites. Polo de agora non alcanzo a ter unha opinión formada de todo, recoñézoo, aínda que defendo que o principal valor da literatura é, precisamente, poñernos contra as cordas, propoñernos cuestións nas que […]
“Sabedes como se lle extirpa a nenez a un neno? Fodendo nel. Fodendo nel reiteradamente. Batendo nel. Esmagándoo contra o chan e meténdolle cousas no corpo. Dicíndolle que é isto ou aquilo, cousas que só poden ser certas nas mentes máis tenras en que a lóxica e a razón aínda non acabaron de formarse, para […]
Xa con xuño enriba seguimos con esta viaxe que me leva polas miñas editoriais favoritas do mundo mundial. Hoxe preséntovos ás Irmás Cartoné, un proxecto fermosísimo creado por Celia Recarey e Carlos Valdés que nos traen clásicos da literatura universal ao galego. Das súas edicións destaca moito o coidado das portadas, con deseños que transmiten […]
Adoro cando dúas ilusións semellantes se unen e forman algo fermoso. Por iso me encanta o libro A semente, a árbore, a froita, que se concibe coma unha conversa entre a escritora, activista, tradutora e intérprete María Reimóndez coa política galega e voceira do BNG, Ana Pontón. Nela atopamos a dúas mulleres loitadoras, cuns desexos […]
Hai pouco lía diversos artigos recompilados no estudo Libro-Obxecto e Xénero, unha publicación da Universidade de Vigo coordinada por Isabel Mociño e na que diversas autoras reflexionan sobre a importancia que hoxe en día teñen os libros concibidos como artefactos literarios, é dicir, como proxectos híbridos nos que se mesturen dúas ou máis disciplinas que […]
Na busca da propia identidade, sempre me deixo acompañar por poemarios que escriben o que sinto, que berran ben alto as contradiccións nas que habitamos como persoas. Uralita vén a ser iso: un proxecto reivindicativo da actriz Iria Pinheiro e da poeta María Lado, dúas amigas artistas que decidiron xuntar as súas arelas e loitas […]
Este 17 de maio, Día das Letras Galegas, é atípico, sobre todo porque non podo asistir a actos públicos de conmemoración que tanto me gustan. Con todo, e a pesar das circunstancias actuais, dende Lecturafilia organizo a miña propia celebración. Sabedes como? A pasada semana realicei unha enquisa en Facebook e Twitter para preguntarvos que […]