Somos criaturas con moita fame de letras e que atopamos explicacións ao mundo a través da palabra vivida. Permítome roubarlle estas expresións do limiar que Montse Muriano escribe para o libro Habitando historias. 10 experiencias arredor do libro e da lectura, no que se colleitan reflexións a cargo de diversas persoas do mundo do libro […]
Escribir sobre una nai paréceme unha tarefa, cando menos, difícil. Corres o risco de caer nunha palabrería repetitiva e sensibleira, ou non atopar as verbas que lle dean xustiza ao que supón ser nai nos tempos que corren. Mais a poeta ourensá Arancha Nogueira consegue superar este exercizo de forma moi notábel no seu último […]
Na busca da reflexión feminista, interésame cada vez máis coñecer os mecanismos que adopta o sistema patriarcal para silenciar a voz e a opinión das mulleres. De entre o moito que levo lido ultimamente sobre este asunto, é quizais Mulleres e poder, da ensaísta británica Mary Beard, a que mellor explica estas técnicas polas que […]
Como xa vén sendo habitual, o Día das Letras Galegas supón que, xa con meses de antelación, as editoriais comecen a traballar nas reedicións e biografías da obra da persoa homenaxeada. Así acontece nesta ocasión, cando queda pouco máis de tres meses para o 17 de maio, cando lembraremos a figura de Ricardo Carvalho Calero, […]
Habitamos un mundo que se torna cada vez máis conceptual e visual, sen apenas marxe de manobra para a reflexión sosegada, para a observación minuciosa do que nos rodea, sen capacidade crítica. Ante este mundo podemos adoptar dúas posicións: ou ben ficamos caladas e avanzamos cara adiante, ou tentamos atopar o lugar que nos corresponde, […]
“Sabemos que entre moitas cousas a poesía é un diálogo cos mortos”. Así define María do Cebreiro o xénero literario que ela practica desde sempre na introdución ao libro A herba de namorar no que, precisamente, recolle textos de poemarios anteriores e outros novos, sen esquecer a homenaxe que lle realiza ás persoas que, en […]
Nos últimos anos, as editoriais déronse conta do potencial que tiñan por explotar e comezaron a crear coleccións e libros para ás máis pequenas e pequenos da casa, o que fai que a nosa literatura se manteña e tente xerar novo público lector. Mais, cal é a chave do éxito? Cales son os libros que […]
Unha vez que comezas a ollar coas lentes lila xa nunca as abandonarás, porque o mundo cambia para ti por completo e, cada vez máis, decataraste de que o mundo estivo explicado sempre co ollar masculino aínda que pensásemos que esta é universal. Así, o feminismo resulta ser unha reflexión continua que está sempre suxeita […]
A literatura xaponesa sempre consegue engaiolarme, pois é posuidora dunha maxia que logra captar a nosa atención por esa mestura case perfecta entre esa parte máis triste e melancólica do ser humano e esoutra máis feliz. Hôzuki é unha novela de Aki Shimazaki que podemos ler en galego grazas ao bo facer da editorial Rinoceronte, […]
“Pero, querido, os homes coma ti e coma Marcus non traballades para as mulleres, senón para vós mesmos… Si, si –insistiu-, no dondo os negocios son una especie de vicio, como a morfina. Ti, se non tiveses os negocios, serías o home máis infeliz do mundo, meu pequerrecho…”. Quen fala é Gloria, a muller do […]