Cuestionario Proust: Inma López Silva, narradora e crítica teatral

Inma López Silva é unha das autoras galegas contemporáneas con maior proxección. Nacida en Santiago de Compostela en 1978, licenciouse e doutorouse en Filoloxía, e así mesmo é Diplomada en Estudos Teatrais pola Universidade da Sorbonne Nouvelle. Actualmente combina a actividade literaria coa docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, onde ensina Teorías do Teatro e desde onde desenvolve unha intensa actividade crítica. Columnista en La Voz de Galicia, é autora dunha ampla obra literaria que foi recoñecida cos principais premios da literatura galega, e tamén traducida a outras linguas, como Memoria de cidades sen luz, Aqueles días en que eramos malas, O libro da filla, ou o ensaio feminista Chámame señora pero trátame coma a un señor.

Coñecémola un pouco máis neste Cuestionario Proust:

1. O principal trazo do teu carácter? A racionalidade.

2. Que calidade aprecias máis nun home? A intelixencia.

3. E nunha muller? A intelixencia.

4. Que agardas das túas amizades? Respecto aos meus espazos de privacidade e de liberdade.

5. O teu principal defecto? A impaciencia.

6. A túa ocupación favorita? Escribir, ler, pintar acuarelas.

7. O teu ideal de felicidade? Non ter que preocuparme por nada máis que polo presente.

8. Cal sería a túa maior desgraza? Perder as miñas fillas.

9. Que che gustaría ser? Cantante de ópera. Ou florista.

10. En que país desexarías vivir? En México.

11. A túa cor favorita? O verde.

12. A flor que máis che gusta? Os tulipáns.

13. Que paxaro prefires? O moucho.

14. Os teus autores/as favoritos en prosa? Flaubert, Emmanuel Carrère, Alice Munro, Paul Auster, Jonathan Franzen, Joan Didion, Elena Ferrante.

15. E poetas? Shakespeare, Olga Novo, Beaudelaire.

16. Un heroe de ficción? Indiana Jones.

17. Una heroína? Lady Macbeth.

18. O teu músico ou música favorito/a? Os Beatles.

19. O teu pintor ou pintora preferido/a? Chagall.

20. O teu heroe ou heroína na vida real? Rosa Parks.

21. O teu nome favorito? Sofía.

22. Que hábito alleo non soportas? A desorde.

23. Que é o que máis detestas? A soberbia.

24. Unha figura histórica que che poña mal corpo? O cardeal Richelieu.

25. Un feito histórico que admires? A Revolución Rusa.

26. Que virtude desexarías posuír? A temperanza.

27. Como che gustaría morrer? Extremadamente vella, consciente e feliz, mentres durmo.

28. Cal é o estado máis común do teu ánimo? Alegre alerta.

29. Que defectos che inspiran maior indulxencia? A impulsividade, o dramatismo, a impaciencia.

30. Tes unha máxima ou lema de vida? Teño varias pero destacaría dúas: Sapere aude e Carpe diem.

Fotografía autora: caricatura da autoría de Evaristo Pereira.

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.