Cuestionario Proust: Eli Ríos, poeta e narradora

Eli Ríos naceu en Londres ao mesmo tempo que o punk rock pero, ao pouco tempo, regresou ás terras de Ordes onde se criou. Despois de moitas voltas e reviravoltas decidiu instalarse ao pé do castro de Elviña.

Así se define habitualmente esta muller que forma parte do colectivo de crítica literaria feminista A Sega, e que imparte obradoiros literarios, ademais de escribir libros cunha forte (e necesaria) ollada feminista. De entre as súas últimas obras, en poesía destacan Café intenso ou Doe tanto a túa ausencia, e no eido narrativo, O ceo das reixas, DX, Remexido de patacas ou Luns. Ao longo da súa traxectoria ten merecido moitos dos premios de literatura do país.

1. O principal trazo do teu carácter? Retranqueira.

2. Que cualidade aprecias máis nun home? Aprecio aquelas persoas que rompen coa masculinidade patriarcal activamente.

3. E nunha muller? A sororidade.

4. Que agardas das túas amizades? Das miñas amizades agardo que vivan moito tempo e que eu o vexa.

5. O teu principal defecto? Non teño un bo falar para quen me interrompe a sesta.

6. A túa ocupación favorita? Calquera que inclúa o silencio e non facer nada.

7. O teu ideal de felicidade? Un lugar sen cobertura telefónica con churrasco .

8. Cal sería a túa maior desgraza? Non ter nacido.

9. Que che gustaría ser? O que son (que bastante traballo me levou).

10. En que país desexarías vivir? Onde vivo, en Galiza ( que bastantes voltas me levou chegar ata aquí).

11. A túa cor favorita? Lila.

12. A flor que máis che gusta? As plantas e máis eu levámonos mal.

13. Que paxaro prefires? A curuxa.

14. Os/as teus/túas autores/as favoritos en prosa? Depende do momento, pero ás que volvo sempre son Jeanette Winterson, Olga Tokarczuk , Begoña Caamaño, Teresa González Costa,…

15. E poetas? Agora mesmo, estou a reler Anne Carson desde o Atlas de Alba Cid. Ás que acostumo volver: Pilar Rego, Andrea Nunes, Pizarnik, Sylvia Plath, Daniel Asorey, Rosalía de Castro, Medos Romero, Xela Arias, Marga do Val,…

16. Un heroe de ficción? Groot.

17. Una heroína? A señora Duszejko da novela de Olga Tokarczuk.

18. O teu músico ou música favorito/a? Mercedes Peón, Ugia Pedreira, Patti Smith, Cassia Eller, Nancy Vieira, Maria Bethânia,…

19. O teu pintor ou pintora preferido/a? Maruxa Mallo, Georgia O’Keeffe, Pamem Pereira, Lula Goce,…

20. O teu heroe ou heroína na vida real? As persoas que me aprenden cousas novas, aquelas coas que boto unhas risas, as que me fan reflexionar, as que abren camiños e, en xeral, case toda a rapazada coa que traballo que me recorda, día a día, o importante que é querernos moito e ben.

21. O teu nome favorito? Calquera que me recorde unha persoa que aprecio.

22. Que hábito alleo non soportas? O costume de facer ruído cos bolis.

23. Que é o que máis detestas? O abuso en todas as súas expresións

24. Unha figura histórica que che poña mal corpo? Os fulaners que teñen o poder e levan aos pobos á dor, ás guerras, que deixan morrer as persoas nos mares, que precarizan a xente traballadora,…

25. Un feito histórico que admires?Non admiro nada porque iso supón unha relación en que algo/ alguén está por riba doutra, pero préstanme moito as mobilizacións do 8M.

26. Que virtude desexarías posuír? A das miñas avoas, a de manter un sorriso a pesar de todo.

27. Como che gustaría morrer? Rindo.

28. Cal é o estado máis común do teu ánimo? Feliz.

29. Que defectos che inspiran maior indulxencia? Eu non son quen para dicir que é perfecto ou non, pero as actitudes que me molestan que podo chegar a comprender son aquelas que non proveñen do dano.

30. Tes unha máxima ou lema de vida? Deixarse prender polas silveiras porque aí acostuma estar o máis divertido da vida.

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.