Cuestionario Proust: Emma Pedreira, poeta e narradora

Emma Pedreira eríxese coma unha das voces da literatura galega máis orixinais e valentes. Licenciada en Filoloxía Hispánica, é narradora e poeta e tamén unha gran defensora da cultura e da súa ensamblaxe con outras artes como a pintura ou a fotografía. Dende a publicación no 1999 do poemario Diario bautismal dunha anarquista morta, Pedreira asentouse coma unha poeta a ter en conta nos anos próximos, e proba diso é que conta con máis dunha ducia de libros poéticos, de entre os que destacan os recentes Antídoto ou As voces ágrafas. Tamén se atreveu no eido da narrativa, con historias que mesturan a retranca máis nosa co cosmopolitismo e coa necesaria ollada feminista, caso de Bibliópatas e fobólogos, Besta do seu sangue ou Os corpos invisibles.

1. O principal trazo do teu carácter? A coherencia.

2. Que calidade aprecias máis nun home? O sentido do humor.

3. E nunha muller? O mesmo.

4. Que agardas das túas amizades? Empatía.

5. O teu principal defecto? Falar sen filtros (un eufemismo para bocachancla?).

6. A túa ocupación favorita? Observar.

7. O teu ideal de felicidade? A tranquilidade absoluta: silencio, espazo e saúde.

8. Cal sería a túa maior desgraza? A falta dos meus seres queridos.

9. Que che gustaría ser? Unha creadora viaxeira, sempre en movemento por fóra e por dentro.

10. En que país desexarías vivir? Nun onde os dereitos de todos os seres fosen respectados.

11. A túa cor favorita? Depende do momento. Ultimamente o amarelo.

12. A flor que máis che gusta? A caléndula.

13. Que paxaro prefires? A andoriña.

14. Os teus autores/as favoritos en prosa? Cristina Sánchez – Andrade, Jeanette Winterson, Sarah Hall, Angela Carter, Marilar Aleixandre, Pilar Pedraza.

15. E poetas? Olvido García Valdés, Joyce Mansour, Anne Sexton, Olga Novo…

16. Un heroe de ficción? O barón rampante.

17. Unha heroína?

18. O teu músico ou música favorito/a? P.J. Harvey.

19. O teu pintor ou pintora preferido/a? As miñas referencias de pintura ultimamente están nas paredes das rúas. Muralistas (Lidia Cao, Nana, Cestola na cachola, Lula Goce) e grafiteiras anónimas.

20. O teu heroe ou heroína na vida real? Son máis de heroicidades anónimas, de persoas que loitan polos dereitos cada día, que tiran da vida coas mans, sen grandes publicidades.

21. O teu nome favorito? Encántanme os que rematan en –el.

22. Que hábito alleo non soportas? O cuñadismo, o pois anda que eu, o pois eu máis…

23. Que é o que máis detestas? A falta de empatía.

24. Unha figura histórica que che poña mal corpo? Calquera ditador.

25. Un feito histórico que admires? Os que teñan que ver coas liberdades, os dereitos e as identidades.

26. Que virtude desexarías posuír? A paciencia.

27. Como che gustaría morrer? Rindo.

28. Cal é o estado máis común do teu ánimo? Paso da euforia á negrura con moita facilidade.

29. Que defectos che inspiran maior indulxencia? Os que veñen de serie coa inocencia.

30. Tes unha máxima ou lema de vida? O caso é non levar un gholpe!

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.