Cuestionario Proust: Eva Méndez DoRoxo, artista e poeta

Filla de emigrantes galegos, e coa Navia de Suarna sempre presente, Eva Méndez DoRoxo, é unha artista multidisciplinar, autodidacta e con formación en estudos artísticos, colaborando con artistas da Galiza e de Cataluña. Economista pola Universitat de Barcelona, está especializada en construción, o que a levou a traballar nunha promotora barcelonesa.

Actualmente reside na Galiza onde combina o seu labor artístico coa direccións de clubs de lectura e coa crianza das súas fillas.

Entre a súa produción literaria atopamos As sede idades, Eróticas e Trazos de Muller e Embernallúas.

Coñecémola mellor neste Cuestionario Proust:

  1. O principal trazo do teu carácter? Dispersa.

2. Que calidade aprecias máis nun home?  Determinación.

3. E nunha muller?  Determinación.

4. Que agardas das túas amizades? Tempo para estar xuntas.

5. O teu principal defecto? Procastinar.

6. A túa ocupación favorita? Crear.

7. O teu ideal de felicidade? Sen preocupacións.

8. Cal sería a túa maior desgraza? Recoñecer que a felicidade é unha utopía autoimposta.

9. Que che gustaría ser? Unha persoa máis saudable.

10. En que país desexarías vivir? Xa vivo, na Galiza.

11. A túa cor favorita? Verde e azul. Azul e Verde.

12. A flor que máis che gusta? Todas. Son moi fan das flores, sempre intento plantar e ter flores viva onde viva. Aínda que a flor do Toxo e da xesta … son moi máxicas para min.

13. Que paxaro prefires? Vivo nunha casa que é como un observatorio e cada día vexo paxaros, gústanme todos a verdade. Pero tal vez gozo moito cos paxaros nocturnos, encántame que no silencio da noite as  curuxas e mouchos que habitan a invisibilidade me avisen de que están aí.

14. Os teus autores/as favoritos en prosa? La mujer habitada de Gioconda Belli. Irene Vallejo, Cristina Sánchez-Andrade, Begoña Caamaño, Emma Pedreira.

15. E poetas? Pedro Salinas. Maria Mercé Marçal. Violeta Parra. Pizarnik.

16. Un heroe de ficción? Totoro.

17. Unha heroína? Nausikä do Val do Vento.

18. O teu músico ou música favorito/a? Imposible, demasiadas.

19. O teu pintor ou pintora preferido/a? Hai tantísimas persoas impresionantes que é tamén imposible para min escoller. Ninguén me marcou e todas as pinturas están en min. Podería dar listaxes de pintoras e pintores que me gustan tanto de agora como na historia, pero non sería xusto dicir que teño un artista favorito.

20. O teu heroe ou heroína na vida real? Meus pais e avoas.

21. O teu nome favorito? Navia e Elba, os nomes das miñas fillas.

22. Que hábito alleo non soportas? Varios, pero sobre todo mofarse da xente e dar por feito que está ben.

23. Que é o que máis detestas? A hipocrisía.

24. Unha figura histórica que che poña mal corpo? Moitas, calquera dos ditadores dos últimos tempos, sexan ou non tratados como tal.

25. Un feito histórico que admires? O 25 de abril. A revolución dos cravos.

26. Que virtude desexarías posuír? Non precisar da aprobación de ninguén.

27. Como che gustaría morrer? De súpeto.

28. Cal é o estado máis común do teu ánimo?  Voluble.

29. Que defectos che inspiran maior indulxencia? Ningún. Son as persoas as que me inspiran indulxencia, así que depende de que persoa presente ese defecto espertará a miña indulxencia ou a miña ira.

30. Tes unha máxima ou lema de vida? Intentar mellorar un pouco cada día, nas pequenas cousas, no cotiá. Hai tempo que entendín que para conseguir un mundo mellor hai que librar pequenos retos diarios. Se mudamos no individual mudaremos no colectivo.

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.