Cuestionario Proust: Érica Esmorís, escritora

Érica Esmorís (A Coruña, 1977) estudou veterinaria aínda que, dende sempre, o sol, o mar e os libros foron os seus compañeiros de viaxe. Traballou nalgunhas das máis importantes produtoras audiovisuais de Galicia, tanto no departamento de desenvolvemento e guión como no de dirección. Como narradora publicou as novelas infantís O poder de Amabel (2012), Ulises e as cronoamigas (2015). Coa novela Nena e o mar (2015) gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil, e tamén destacan entre a súa producción literaria Quen salva un can (2019) e Patio de luces (2020).

1. O principal trazo do teu carácter? Sensibilidade.

2. Que calidade aprecias máis nun home? A estabilidade emocional 😉

3. E nunha muller? O mesmo (é a base para o resto de calidades).

4. Que agardas das túas amizades? Praia, café e risas.

5. O teu principal defecto? Impaciencia.

6. A túa ocupación favorita? Escribir, viaxar en furgo, camiñar pola praia e os animais …  (demasiadas?).

7. O teu ideal de felicidade? Vivir nunha cabana preto da praia, vivir unicamente de escribir, vivir rodeada de animais.

8. Cal sería a túa maior desgraza? Non quero nin escribila

9. Que che gustaría ser? Escritora con area nos pés.

10. En que país desexarías vivir? O sur de Portugal non estaría mal.

11. A túa cor favorita? Amarelo.

12. A flor que máis che gusta? As silvestres.

13. Que paxaro prefires? Os libres

14. Os teus autores/as favoritos en prosa? Delphine de Vigan, Hanne Orstavik, Dolores Reyes, Mario Benedetti, Leila Guerriero, Maria  Gripe, Maria Parr, Pedro Mañas, Ana María Matute, Gabriel García Márquez, Mónica  Rodríguez, Andrea Maceiras, Jane Austen, Margaret Mazzantii …

15. E poetas? Mario Benedetti (a verdade é que non leo moita poesía).

16. Un heroe de ficción? Atreyu (tiven que pensar).

17. Una heroína? Pippi Mediaslongas (non tiven que pensar).

18. O teu músico ou música favorito/a? Eddie Vedder.

19. O teu pintor ou pintora preferido/a? Joanna Concejo (é ilustradora).

20. O teu heroe ou heroína na vida real? Non teño.

21. O teu nome favorito? Erin (o da miña filla).

22. Que hábito alleo non soportas? A xente que asubía (arggggg).

23. Que é o que máis detestas? Non poder durmir.

24. Unha figura histórica que che poña mal corpo? O actual presidente da OMS (non é histórica, pero dálle tempo).

25. Un feito histórico que admires? Calquera revolución do pobo.

26. Que virtude desexarías posuír? A boa caligrafía.

27. Como che gustaría morrer? Non me gustaría morrer.

28. Cal é o estado máis común do teu ánimo? Curiosa e animada.

29. Que defectos che inspiran maior indulxencia? Os defectos das boas persoas.

30. Tes unha máxima ou lema de vida? Si, que cada un faga o que queira e que a min me deixen en paz.

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.