Falaba estes días cunha amiga sobre o difícil que resulta hoxe en día escribir un libro que sorprenda, que sexa novidoso e que nos conte algo novo. Creo sinceramente que xa está practicamente todo explorado, pero resulta interesante a renovación que se produce na literatura galega actual da man de autoras como Susana Sanches Aríns, […]
Darlle a volta aos contos tradicionais nun afán de reivindicar o espazo que nos quitaron ás mulleres. Unha tarefa necesaria pero nada doada que Susana Sánchez Aríns levara á práctica en Seique e que agora amplía no conxunto de contos e relatos Tu contas e eu conto. Nel atopamos referencias explícitas á violencia obstétrica que […]
Axustar contas, coñecer o nome dos represores da Guerra Civil e recuperar a memoria das persoas (sobre todo mulleres) que sempre quixeron calar e non mentar os acontecementos pasados. Eses son algúns dos obxectivos que persegue a escritora Susana Sánchez Aríns en Seique, un libro que é mestura de poesía, ensaio biográfico e histórico e […]
Temos que continuar a lembrar, a quitar do esquecemento a tantos homes e mulleres que viron as súas vidas truncadas por mor do fanatismo dunha época (a Guerra Civil e posguerra española), e que continúan aínda hoxe. A tarefa de recuperar as voces dos que xa non están e da historia sempre velada resulta moi […]