Como é o proceso de creación? Que supón chegar á palabra exacta? Que se sente ao ser quen de expresar unha idea, un sentimento, cunha historia? Estas preguntas agóchanse detrás de As palabras están a mirarse arredor da mesa, un libro de reflexión literaria de Antonio García Teijeiro acompañado coas ilustracións de Lidia Cao, que […]
Cando era adolescente vin por primeira vez actuar na televisión a Dorotea Bárcena, no papel de ‘Amadora’ no marco dos espectáculos de humor que facían Os Tonechos. De seguro que esta é a imaxe que lle vén á maioría da xente á cabeza, o que non deixa de ser unha visión reduccionista e inxusta. O […]
Falaba estes días cunha amiga sobre o difícil que resulta hoxe en día escribir un libro que sorprenda, que sexa novidoso e que nos conte algo novo. Creo sinceramente que xa está practicamente todo explorado, pero resulta interesante a renovación que se produce na literatura galega actual da man de autoras como Susana Sanches Aríns, […]
Ultimamente perségueme unha obsesión: acudo á literatura cun certo afán de tentar comprenderme, coma se estivese diante de premonicións, de avisos máis ou menos certeiros. Acudo aos libros buscándome que creo que, ao fin e ao cabo, é o que facemos un pouco todas as persoas lectoras, non credes? Mais tamén acudo a eles para […]
Na busca da propia identidade, sempre me deixo acompañar por poemarios que escriben o que sinto, que berran ben alto as contradiccións nas que habitamos como persoas. Uralita vén a ser iso: un proxecto reivindicativo da actriz Iria Pinheiro e da poeta María Lado, dúas amigas artistas que decidiron xuntar as súas arelas e loitas […]
Nos tempos que corren, o libro é concibido cada vez máis coma un obxecto, no que conta moito a edición e os elementos que acompañan a letra. A literatura tórnase, pois, nunha obra de arte que incrementa o seu potencial, impoñéndose o libro en papel perante o dixital, pois as potencialidades dun e doutro son […]
Imaxinades un día no que a auga sexa un ben escaso e teñamos que pagar polo seu uso? Sobre esta utopía non tan afastada reflexiona Antía Yáñez no seu novo libro Be Water, co que resultou finalista do I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil e co que a editorial Cuarto de Inverno inicia […]