Arantza Portabales di que gusta de escribir sobre o que lle acontece á xente, sobre a felicidade e a tristeza e os sucesos pequenos que nos conforman como persoas. Esta idea é a que fía as súas historias, sexas novelas ou micro relatos (ese xénero que ela manexa á perfección), e que nos leva a […]
É unha constante que na miña biografía lectora se vaian entrecruzando lecturas e que as do pasado volvan ao presente sempre levadas unhas por outras. Un continuo xogo literario que se aviva coma os recordos cando escoitamos unha canción ou nos chega ese aroma dun pasado feliz ou desgraciado. A vida componse de cachiños, de […]