Unha vida enteira

Robert Seethaler, autor do libro "Unha vida enteira"

Pode resumirse unha vida nun cento de páxinas? O escritor e actor austríaco Robert Seethaler faino á perfección en Unha vida enteira, onde fala da vida e da morte, da nostalxia e de como ata nos momentos máis duros podemos atopar beleza. Por iso ao lelo me lembro de Del color de la leche, de Nell Blyshon ou de Los perales tienen la flor blanca, de Gerbrand Bakker, libros que, aínda non parecéndose na súa totalidade, comparten a característica de falar do mundo desde os ollos da inocencia, e de como se forxa a identidade dunha persoa segundo o medio que habite. Así lle acontece a Andreas Egger, un home que desde ben neno vive nos Alpes austríacos, onde ten que sobrevivir á soidade e ás condicións climatolóxicas e pronto descobre que a natureza pode ser fermosa e salvaxe á vez.

É este libro un claro exemplo da maxia e dos pequenos detalles da vida, de topar a calma e o sosego e de aprender do pasado para encarar o futuro. Unha sabedoría ancestral e un canto ás formas de vivir tradicionais, que se converte nunha fábula perfecta sobre a existencia e a necesidade do individuo de buscar a felicidade.

A morte é unha cabronada. Co tempo imos minguando. Nuns pasa rápido, noutros pode durar máis. Dende o nacemento imos perdendo unha cousa tras outra: primeiro un dente, logo toda a dentadura; primeiro un recordo, logo a memoria; e así sucesivamente, ata que chega o momento en que xa non nos queda nada. Entón meten os nosos últimos restos nun buraco, tápanos con terra e listo”.

Se voltamos á pregunta do comezo, eu diría que si. É posible resumir unha vida en cen páxinas, pois o que este libro nos ensina é que no fondo hai moi poucas cousas esenciais, aínda que a miúdo consumamos moitas horas (e días e anos) procurando o que é importante e o que nos fai mellores persoas.

Porén, este libro ten unha dupla lectura, pois del emana unha reflexión sobre o pasado e o moito que a chegada da segunda guerra mundial marcou ás xentes, tanto das cidades como das vilas que vivían tranquilas e xamais esperaran que outra disputa viñese asolagar a súa existencia. De todas as leccións de vida, quedo coa que segue:

Pódense comprar as horas dun home, roubarlle os días ou arrebatarlle toda a vida. Pero hai momentos que ninguén lle poderá quitar. É así, e agora déixame en paz”.

Ficha técnica

Tiítulo: Unha vida enteira

Autor: Robert Seethaler

Tradutor: Moisés Barcia

Editorial: Rinoceronte

Ano de publicación: 2018

Número de páxinas: 107

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.