É importante que as grandes voces da literatura actual mundial estean tamén na nosa lingua. Annie Ernaux, galardoada co Premio Nobel de Literatura 2022, xa se atopa no catálogo de Rinoceronte Editora a través da súa novela curta O acontecemento, que para min é un dos libros máis impactantes e novidosos que lin nos últimos […]
W. H. Hudson dixo un día “teñan en conta (…) que (…) os animais só son infelices cando as persoas os fan infelices”. Por iso, Rosamund Young dirixe a súa granxa de Kite’s Nest, situada nos escarpados territorios de Costwold, coa máxima de garantir a felicidade nas vacas e xatos, animais aos que ela se […]
A literatura xaponesa sempre consegue engaiolarme, pois é posuidora dunha maxia que logra captar a nosa atención por esa mestura case perfecta entre esa parte máis triste e melancólica do ser humano e esoutra máis feliz. Hôzuki é unha novela de Aki Shimazaki que podemos ler en galego grazas ao bo facer da editorial Rinoceronte, […]
Pode resumirse unha vida nun cento de páxinas? O escritor e actor austríaco Robert Seethaler faino á perfección en Unha vida enteira, onde fala da vida e da morte, da nostalxia e de como ata nos momentos máis duros podemos atopar beleza. Por iso ao lelo me lembro de Del color de la leche, de […]