É importante que as grandes voces da literatura actual mundial estean tamén na nosa lingua. Annie Ernaux, galardoada co Premio Nobel de Literatura 2022, xa se atopa no catálogo de Rinoceronte Editora a través da súa novela curta O acontecemento, que para min é un dos libros máis impactantes e novidosos que lin nos últimos […]
A protagonista e narradora namórase dun rapaz que le a Derrida e soña con que sexa o seu mozo. Soña ata a obsesión. Estaría disposta a facer o que fose. E isto é quizais o que a leva a unha espiral de control na que el a vai apertando cada día un pouco máis. A […]
W. H. Hudson dixo un día “teñan en conta (…) que (…) os animais só son infelices cando as persoas os fan infelices”. Por iso, Rosamund Young dirixe a súa granxa de Kite’s Nest, situada nos escarpados territorios de Costwold, coa máxima de garantir a felicidade nas vacas e xatos, animais aos que ela se […]
“Sabedes como se lle extirpa a nenez a un neno? Fodendo nel. Fodendo nel reiteradamente. Batendo nel. Esmagándoo contra o chan e meténdolle cousas no corpo. Dicíndolle que é isto ou aquilo, cousas que só poden ser certas nas mentes máis tenras en que a lóxica e a razón aínda non acabaron de formarse, para […]
A literatura xaponesa sempre consegue engaiolarme, pois é posuidora dunha maxia que logra captar a nosa atención por esa mestura case perfecta entre esa parte máis triste e melancólica do ser humano e esoutra máis feliz. Hôzuki é unha novela de Aki Shimazaki que podemos ler en galego grazas ao bo facer da editorial Rinoceronte, […]
“É neste lugar do mundo onde un día penso morrer na miña cama. Sabelo dá unha gran tranquilidade”. Así se expresaba a xornalista sueca Christina Lilliestierna cando na década dos anos 60 decidiu mercar o Pazo de Cadro (Marín-Pontevedra) e vir vivir a Galicia, lugar do que se namorou. Desa experiencia nace o seu libro […]
Sempre resulta un misterio coñecer como unha persoa moi vinculada cos libros aprendeu a amalos, e máis como foi o camiño desde o odio ao encantamento e á maxia. Ese atractivo, que non deixa de ter unha causa algo voyeur, increméntase cando vexo a portada de Como aprendín a ler, da francesa Agnés Desarthe, na […]
Confeso que nunca antes me rira tanto cun libro como ao ler a Caitlin Moran e o seu Como ser muller, traducido ao galego da man da editorial Rinoceronte. Confeso tamén que era un libro que, dende que o vira publicado xa fai uns anos, tiña moitas ganas de lelo, aínda que nunca atopara a […]
Este ano celébrase o centenario do nacemento da gran escritora Carson McCullers, data na que tamén se cumpren cincuenta anos do seu pasamento. Con motivo desta eferméride son moitas as reedicións da súa obra, polo que a súa escrita está tendo máis repercusión entre os seus seguidores, ao tempo que chega a novos perfís. Eu, […]
Recoñezo que son unha lectora de historias duras, reais, desas que se adoita dicir que removen por dentro e nos fan tomar conciencia de algo. Aínda sendo consciente do que me agardaba, a dureza e a crueldade da novela Purga rompeu todos os meus esquemas. Purga, da finlandesa Sofi Oksanen, foi publicada orixinalmente no 2009, […]