Teresa Moure é unha muller que me encanta. As súas novelas, as súas reflexións e os seus estudos sempre supoñen un desafío para min, pois con eles, e a través deles, aprendo moito sobre outras formas de habitar o mundo. Porque Moure é ante todo unha escritora sobre as marxes, que sempre nos afasta do […]
Emma Pedreira eríxese coma unha das voces da literatura galega máis orixinais e valentes. Licenciada en Filoloxía Hispánica, é narradora e poeta e tamén unha gran defensora da cultura e da súa ensamblaxe con outras artes como a pintura ou a fotografía. Dende a publicación no 1999 do poemario Diario bautismal dunha anarquista morta, Pedreira […]
Cecilia F. Santomé, licenciada en Filoloxía Francesa e doutora en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola USC, desenvolveu o seu interese pola palabra escrita en eidos variados, desde o marketing dixital á formación en biblioteconomía. Entre as súas obras atopamos o relato 34, Rue Saint Jacques, co que recibiu o Premio Literario Nortear para […]
Os premios literarios sempre nos dan grandes sorpresas. Así aconteceu este ano co Premio Illa Nova de Narrativa, convocado pola Editorial Galaxia co obxectivo de dar a coñecer novos talentos, e que nesta edición nos sorprendeu con Oito días sen Eva Cortes, da xornalista pontevedresa Sara Vila. Nada no municipio de As Neves no 1989, […]
Necesitamos novelas que falen da sombra e nos transmitan luz. Novelas coas que chorar e, ao tempo, escachar coa risa. Acaso non temos dereito ao humor cando a situación vital é tan complexa? E logo a risa non pode curar o sufrimento? Da imbricación e da comuñón destas dúas ideas nace Golpes de luz, a […]
Letras e música revolucionaria son as do grupo Dios Ke te Crew, un conxunto de rap galego nacido no 2003 e que conta coa voz de Jamas, artista ambulante nado en Madrid pero residente na Galiza dende hai varios anos e que ten participado en moitos proxectos musicais alternativos. De aí, deses grupos loitadores, provén […]
Na literatura, o máis difícil de conseguir é a voz propia. A miúdo, as persoas que escriben reflexionan sobre o que lles gusta e poden tentar replicalo ou, o que sería idóneo, interiorizalo e producir unha voz diferente. Aí, nesa orixinalidade vense os verdadeiros escritores e escritoras. A xornalista Ana Cabaleiro despuntou na narrativa galega […]
Cando era adolescente vin por primeira vez actuar na televisión a Dorotea Bárcena, no papel de ‘Amadora’ no marco dos espectáculos de humor que facían Os Tonechos. De seguro que esta é a imaxe que lle vén á maioría da xente á cabeza, o que non deixa de ser unha visión reduccionista e inxusta. O […]
Se hai algo que adoro da literatura de Ana Cabaleiro é, precisamente, a súa capacidade para reivindicar nos seus textos a mulleres valentes e a súa querenza polo rural. Nada en Saídres (Silleda, 1974), é licenciada en Xornalismo, profesión que exerce intermitentemente desde hai dúas décadas. Cursou, ademais, o Master en Estudos Teóricos e Comparados […]
Ledicia Costas é hoxe unha das grandes escritoras galegas, un camiño que comezou tras deixar atrás a súa carreira de Dereito. Especializada en literatura infantil e xuvenil, ten colleitado moitísimos premios, e de entre a súa ampla produción destacan Unha estrela no vento, Escarlatina, a cociñeira defunta, Jules Verne e a vida secreta das mulleres […]