«A vida secreta das vacas», de Rosamund Young

Rosamund Young, autora de "A vida secreta das vacas"

W. H. Hudson dixo un día “teñan en conta (…) que (…) os animais só son infelices cando as persoas os fan infelices”. Por iso, Rosamund Young dirixe a súa granxa de Kite’s Nest, situada nos escarpados territorios de Costwold, coa máxima de garantir a felicidade nas vacas e xatos, animais aos que ela se sente moi apegada e que describe con calidades humanas no seu libro A vida secreta das vacas, traducido ao galego por Moisés Barcia e que vén de ser publicado por Rinoceronte Editora. Nel, a autora recompila as súas experiencias e anécdotas nesa granxa que xa fundaran os seus pais no ano 1953, e na que ela aprendeu a observar os comportamentos destes animais, como xogan cos seus fillos, como se lamben os uns aos outros mostrando autoridade, como conciben os vínculos familiares etc.

A vida secreta das vacas pode lerse hoxe en día como un alegato a favor da liberdade dos animais, un exercizo mesmo político que ten que ver cunha forma de estar no mundo respectuosa co medio que nos rodea e fuxindo do capitalismo máis voraz que soamente pensa nas vacas como en produción de carne e produtos agrícolas. Fronte a esta idea, Rosamund Young propón un modelo de sociedade na que os animais conten e moi baseada na aprendizaxe natural, a través do comportamento das especies que seguen os seus instintos e, ao mesmo tempo, practican accións humanas.

Seguindo a xenealoxía das familias vacunas, a autora somérxenos nunha viaxe ateigada de felicidade, esperanza e moito humor. As vacas e xatos que protagonizan o libro ben poderían formar parte do noso grupo de amizades, pois actúan con trazos similares a nós. É precisamente aí, nesas accións, onde descubrimos que os humanos e os animais non somos tan diferentes, e que as persoas teriamos que centrar máis a nosa atención en observar e analizar o que eles fan.

Amais do anecdotario, o libro tamén recolle reflexións ben acertadas sobre a necesidade de que os animais habiten en liberdade, da procreación, e das súas habilidades de comunicación. Pode lerse, tamén, coma un ensaio arredor do que supón levar unha granxa e sobrevivir con certas crenzas.

Se o gando ten un espazo axeitado para habitar, liberdade para competir polo alimento, licenza para vagar a pracer e, sobre todo, pode vivir en grupos familiares con preponderancia de animais maduros, aumenta a inmunidade contra os parasitos pulmonares e estomacais. Iso fai innecesarios os antihelmínticos, que limitan a capacidade natural de resistir estas infeccións parasitarias e poden deixar residuos na carne e no leite”.

Ficha técnica

Título: A vida secreta das vacas

Autora: Rosamund Young

Tradución: Moisés Barcia

Editorial: Rinoceronte

Ano de publicación: 2020

Número de páxinas: 119

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.