Cuestionario Proust: Miriam Beizana Vigo, escritora

Miriam Beizana Vigo leva a intensidade tatuada na pel, unha característica que inspirou parte das súas novelas, entre as que destacan Marafariña, Inflorescencia, Todas las horas mueren e La herida de la literatura. Galega de nacemento, ten participado en antoloxías colectivas como Asalto a Oz (Dos Bigotes) ou Relatos nada clásicos (Ménades Editorial), e actualmente escribe tamén na súa lingua nai, da que xa xermolaron proxectos como o álbum infantil Guerreiras de lenda (co escrito xunto a Maite Mosconi).

Comezamos esta sección de «Cuestionario Proust» con ela.

1. O principal trazo do teu carácter? Intensidade (e ansiedade!).

2. Que cualidade aprecias máis nun home? O acougo.

3. E nunha muller? A coraxe.

4. Que agardas das túas amizades? Lealdade, sinceridade e moito agarimo.

5. O teu principal defecto? Os pensamentos negativos.

6. A túa ocupación favorita? Ler, ler, ler.

7. O teu ideal de felicidade? Non estar preto da soidade.

8. Cal sería a túa maior desgracia? Non ser fiel a min mesma.

9. Que che gustaría ser? Gustaríame ser máis brava e moito más xenuina.

10. En que país desexarías vivir? Alemaña, onde miña avoa pasou a meirande parte da súa vida.

11. A túa cor favorita? Azul mariño.

12. A flor que máis che gusta? As orquídeas violetas.

13. Que paxaro prefires? Paporroibo.

14. Os teus autores/as favoritos en prosa? Das máis recentes, citarei a Mónica Ojeda, Berta Dávila, Julia Phillips e Eva Baltasar.

15. E poetas? Ana Castro e Nana Neble (tamén recentes).

16. Un heroe de ficción? Peter Pan (e Severus Snape).

17. Una heroína? A Bruna Husky de Rosa Montero, sen dúbidas.

18. O teu músico ou música favorito/a? Agora mesmo estou en bucle con MJ Pérez e o novo álbum de Vetusta Morla.

19. O teu pintor ou pintora preferido/a? Artemisia Gentileschi.

20. O teu heroe ou heroína na vida real? Hoxe penso en Almudena Grandes.

21. O teu nome favorito? Emilia.

22. Que hábito alleo non soportas? A indiscreción.

23. Que é o que máis detestas? A traición e a mentira.

24. Unha figura histórica que che poña mal corpo? Margaret Thatcher.

25. Un feito histórico que admires? A legalización do matrimonio igualitario en 2005 no noso país.

26. Que virtude desexarías posuír? Encantaríame saber xogar ao fútbol.

27. Como che gustaría morrer? Mentres durmo.

28. Cal é o estado máis común do teu ánimo? A melancolía.

29. Que defectos che inspiran maior indulxencia? A ignorancia.

30. Tes unha máxima ou lema de vida? Perdóate todos os días.

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.